www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019

Recollida de sinaturas ante a incerteza de usuarios e traballadores pola xestión da piscina municipal
Política • 2/10/2019
Autor: M. X. Queimaliños

Nos últimos días está en marcha unha campaña de recollida de sinaturas promovida por "usuarios e traballadores da piscina de Redondela" que busca apoios para esixir á corporación municipal "que dea os pasos necesarios para buscar unha solución inmediata a concesión do servizo que non poña en perigo os postos de traballo nin o servizo público deste centro deportivo".


Un problema que debería resolverse, aló menos provisionalmente, no pleno de mañá xoves (20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira), no caso de que a corporación acorde ampliar o contrato a actual concesionaria, Serviocio, ata que se resolva o novo concurso.


A situación prodúcese logo de que se extinguise a duración do contrato de concesión coa actual empresa encargada da xestión da piscina municipal sen que se realizase un novo concurso. Entenden os afectados que é preciso que se lle dea continuidade a dito contrato para garantir tanto a prestación do servizo como a propia continuidade dos traballadores.


 

Comentarios

ENVÍA A TÚA OPINIÓN
 
Nome e Apelidos   Correo Electrónico (opcional)
 
Comentario:

Imaxe de Verificación:
Escriba o Código: