www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 15 de Agosto de 2020

Axenda - 13 de Decembro do 2019

Venres, 13 de Decembro de 2019 - 18:30
Obradoiro postais creativas
A biblioteca de Chapela organiza o venres 13 ás 18:30 un obradoiro de postais de Nadal orientado a nenos de 4 a 10 anos, impartido por Macarena González. Inscrición previa e de balde no 986454226.
Venres, 13 de Decembro de 2019 - 20:00
Concerto do conservatorio
O alumnado do COnservatorio Victor Ureña de Redondela ofrece un concerto o venres 13 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada de balde.
Venres, 13 de Decembro de 2019 - 19:00
Presentación literaria
A Casa da Cultura de Redondela acolle o venres 13 ás 19:00 horas a presentación do libro La muerte de Marilyn y otros relatos. Ademais da autora, Isabel Blanco, participarán no acto literario a alcaldesa Digna Rivas e a avogada do CIM Mercedes Carreira

Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz
Axenda
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:00
Consulta popular
Participación Cidadá convida aos veciños a participar nunha enquisa para a eleccións dos festivos locais e a peonalización do centro da vila. Na web www.redondela.gal ou entregando unha instancia no rexistro municipal antes do 15 agosto.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 20:30
Banda de Música en Reboreda
Co gallo da festividade da Asunción, o Centro Cultural de Reboreda acolle un concerto da Banda de Música Municipal de Redondela dedicado especialmente aos maiores.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 22:00
Tanto nos ten
Música tradicional galega o sábado 15 de agosto ás 22:00 horas na Alameda de Castelao. Organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 16 de Agosto de 2020 - 21:30
Música cos Carapaus
Música tradicional co grupo Os Carapaus o domingo 16 de agosto ás 21:30 horas na Alameda Rosalía de Castro en Chapela
Venres, 21 de Agosto de 2020 - 22:00
Caramushow
Teatro e música no espectáculo de Caramusho Vermello que se poderá ver o venres 21 ás 22:00 horas na Alameda de Castelao.
Sábado, 22 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús: Pacíficos errantes
A praza de Santiago Apóstolo acolle un concerto moi especial, coa actuación do dúo de ukelele e guitarra, Pacíficos errantes. O sábado 22 ás 12:30 horas enmarcado no programa dos Vermús culturais.
Domingo, 23 de Agosto de 2020 - 12:00
Pakolas en Concerto
A música de pakolas soará o domingo 23 de agosto ás 12:00 horas na Alameda de Castelao.
Domingo, 23 de Agosto de 2020 - 21:00
Espectáculo fusión
O grupo folclórico o Carballo das Cen Pólas actúa na Alameda Rosalía de Castro nun espectáculo no que se poderá escoitar a voz da cantante Sheyla Patricia. O domingo 23 ás 21:00 horas.