www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 22 de Xuño de 2018

Axenda - 15 de Xuño do 2018

Venres, 15 de Xuño de 2018 - 12:00
Lei de Normalización
A Casa da Cultura de Redondela acolle o 35º aniversario da Lei de Normalización. Ao acto asistirán o presidente do Parlamento de Galicia, o secretario xeral de Política Lingüística e o alcalde de Redondela.
Luns, 4 de Xuño de 2018 - 09:00
Exposición de Xoguetes Antigos
O Multiusos da Xunqueira acolle a mostra de xoguetes antigos "Volve vivilos". É unha colección privada de José Luis Rafael e Juan Manuel Alfaya con pezas desde comezos do século XX. A exposición estará aberta ata o 30 de xuño.
Venres, 15 de Xuño de 2018 - 19:00
Contacontos musicado
A Biblioteca de Chapela acolle un contacontos musicado con Miguel Ángel Alonso Diz e a Escola de Música de Chapela coa historia "O soño de Esther". Para público familiar,entrada libre.
Venres, 15 de Xuño de 2018 - 22:30
Monólogo Fredi Cruxer
O C.R.C. de Chapela acolle a actuación do humorista Fredi Cruxer, que gañou popularidade ao darse a coñecer en diferentes programas da TVG. Tamén adoita colaborar con asociacións e organizacións benéficas. Entrada socios 3€, non socios 5€.

Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
Axenda
Venres, 22 de Xuño de 2018 - 20:30
Cacerolada no xulgado
A Asemblea feminista Paxaretas convoca unha concentración diante do xulgado de Redondela, ás 20.30 horas, polo auto que deixa en liberdade provisional aos membros de "La Manada".
Sábado, 23 de Xuño de 2018 - 18:00
Festival Folk Illa San Simón
Coincidindo coa celebración de San Xoán o grupo de baile e gaitas Airiños de San Simón do C.C.D. Cesantes organiza este festival. Haberá actuacións musicais para toda a familia, así como coa tradicional fogueira e comida e bebida a prezos populares
Sábado, 23 de Xuño de 2018 - 21:00
Fogueira de San Xoán
O Concello de Redondela organiza unha festa de San Soán cunha fogueira na praia de Arealonga.
Sábado, 23 de Xuño de 2018 - 22:00
Ruta Mirtallo/Penide
A Concellería de Cultura e A Citania Arqueoloxía organizan unha ruta nocturna pola zona Mirtallo-PEnide. Información nos teléfonos 600381782 e 986861103.
Venres, 29 de Xuño de 2018 - 17:00
Festval Fin de Curso
A Escola de Música de Chapela celebra o seu festival de fin de curso no auditorio do Multiúsos Piñeiral do Crego.