Xoves, 12 de Decembro de 2019 - 17:30 |
Xoves de Conto en Arcade |
A biblioteca de Arcade acolle o xoves 12 ás 17:30 horas o espectáculo O axudante de papá Noel a cargo da compañía Moc MOc. Entrada de balde. |
Venres, 13 de Decembro de 2019 - 18:30 |
Obradoiro postais creativas |
A biblioteca de Chapela organiza o venres 13 ás 18:30 un obradoiro de postais de Nadal orientado a nenos de 4 a 10 anos, impartido por Macarena González. Inscrición previa e de balde no 986454226. |
Venres, 13 de Decembro de 2019 - 20:00 |
Concerto do conservatorio |
O alumnado do COnservatorio Victor Ureña de Redondela ofrece un concerto o venres 13 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada de balde. |
Sábado, 14 de Decembro de 2019 - 18:00 |
Folk con Anaquiños |
O grupo de pendereteiras e baile de Anaquiños actúa o sábado 14 ás 18.00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Entrada de balde. Organiza Concello de Redondela. |
Sábado, 14 de Decembro de 2019 - 20:00 |
Teatro no Multiúsos |
Continúa o ciclo Vive o teatro o sábado 14 ás 20:00 horas coa actuación do grupo Redrum Teatro e a obra Invisibles no Multiúsos da Xunqueira. Entrada 7 euros normal, 5 entrada reducida. Organiza Concellería de Cultura. |
Domingo, 15 de Decembro de 2019 - 18:00 |
Festival de Panxoliñas |
O Multiúsos do Piñeiral acolle o domingo 15 ás 18:00 horas un evento musical no que se escoitará a música máis típica do Nadal, as panxoliñas. Entrada de balde. Organiza Concello de Redondela.
|
Domingo, 15 de Decembro de 2019 - 18:00 |
Contos do recreo |
Espectáculo infantil o domingo 15 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a cargo da compañía Redrum Teatro. Unha representación enmarcada no II ciclo de teatro infantil que organiza a Concellería de Cultura. Entrada 3 euros. |
Mércores, 18 de Decembro de 2019 - 16:00 |
Doazón de sangue en Chapela |
Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase a Chapela. As persoas que desexen facer as súas doazóns poden achegarse a ese autobús que estará ubicado nas inmediacións da Alameda o mércores 18 de 15:30 a 21:00 horas. |
|