www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 22 de Febreiro de 2020

Axenda - 16 de Febreiro do 2020

Domingo, 16 de Febreiro de 2020 - 17:00
Espectáculo de baile
O Centro Cultural de Cedeira organiza o domingo 16 ás 17:00h un espectáculo de baile Commuity Dancers cos grupos Community Dancers de Cedeira,Community Dancers by Domajó (A Guarda) Community Dancers by Kiap, Endanza e Flashdance. Entrada 5€.

Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz
Axenda
Sábado, 22 de Febreiro de 2020 - 17:00
Entroido infantil
Obradoiros de disfraces na Alameda de Castealao dende as 17:00 ás 19:00 horas e inchables na Pista da Xunqueira ata as 20:30.
Sábado, 22 de Febreiro de 2020 - 19:00
Música con Paco Nogueiras
Concerto espectáculo Brinca Vai! a cargo do músico e actor Paco Nogueiras. Unha activiades enmarcada no obradoiro infantil que terá lugar o sábado 22 ás 19:00 horas na Alameda de Castelao.
Sábado, 22 de Febreiro de 2020 - 20:00
Top Manta no Vive o teatro
O ciclo de teatro da Concellería de Cultura achega ao Multiúsos a obra "Top Manta" de Fulano, Mengano e Citano. O sábado 22 ás 20:00 horas. Entrada 7 euros (5€ reducida).
Domingo, 23 de Febreiro de 2020 - 12:00
Sesión vermú de Entroido
A Cé Orquestra Pantasma ofrecerá un concerto ás 12:00 horas do domingo 23 na Alameda de Castelao.
Domingo, 23 de Febreiro de 2020 - 12:30
Acto homenaxe a Lois Obelleiro
O voceiro do BNG en Soutomaior, Manu Lourenzo e o deputado Luis Bará participan o domingo 23 ás 12:30h no cemiterio do Salgueirón en Arcade nun acto homenaxe a Lois Obelleiro cando se cumpre o XII cabodano do seu pasamento.
Domingo, 23 de Febreiro de 2020 - 17:00
Desfile de comparsas
Un total de 26 comparsas percorrerán o centro da vila, dende o campo da feira ata Vilavella a partir das 18:00 horas do domingo. Previamente haberá animación musical con Aperta Percusión.
Domingo, 23 de Febreiro de 2020 - 19:30
Festival de corais en Chapela
O Círculo cultural de Chapela celebra este domingo 23 un festival de Corais ás 19:30h que contará coa actuación da Coral Polifónica Ventos do Val de Mos, a Coral San Lorenzo de Belesar de Baiona e a Coral Polifónica Frol Nova del C.C.R. de Chapela.
Luns, 24 de Febreiro de 2020 - 17:30
Entroido infantil Soutomaior
O luns 24 en Talo Río das 17:30 ás 19:30 entroido infantil con inchables, obradoiros de máscaras tradicionais galegas, máscaras con elementos naturais e espectáculo musical de animación Cantabaile. Para degustar flocos de millo e algodón doce.