www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 19 de Abril de 2019

Axenda - 16 de Setembro do 2018

Domingo, 16 de Setembro de 2018 - 12:00
“Músicas cativas” no Viso
A Sociedade Cultural do Viso organiza este domingo 16 ás 12:00 horas na Antiga Escola de Tuimil un concerto orientados aos máis pequenos con presenza dos Gaiteiros Os Beretes e o Grupo de Acordeóns do Círculo Cultural de Chapela.
Domingo, 16 de Setembro de 2018 - 10:00
Marcha reivindicativa
Marcha manifestación para demandar a creación dunha vía verde verde entre Arcade e Pontevedra. As 10:00 sairá dende Pontevedra en bici. As 11:30 dende Arcade a Figueirido a pé polas vías. Convocan A Golpe de Pedal, Pedaladas e Salinas do Ulló.

Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
Axenda
Venres, 26 de Abril de 2019 - 10:00
Día do Maior
Redondela organiza o venres 26 unha xornada lúdica e festiva para os maiores do municipio. Celebrarase o Día do Maior no Complexo Deportivo Santa Mariña e no Pavillón Municipal da Marisma en horario de 10.00 a 19.00 horas.
Venres, 26 de Abril de 2019 - 12:00
Xornada na Illa de San Simón
A Illa de San Simón acollerá o 26 de abril unha xornada baixo o nome A cultura medieval á luz das novas tecnoloxías froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Redondela e o Consello da Cultura Galega. De balde con inscrición previa.
Sábado, 27 de Abril de 2019 - 17:00
Obradoiro de cociña mexicana
Xuventude organiza clases de cociña mexicana orientadas a mozos e mozas de entre 15 e 18 anos. Impartiranse o día 27 no local Tía Estébana na rúa Reveriano Soutullo e compre inscrición previa a través dun formulario na páxina web do concello.