www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 24 de Febreiro de 2018

Axenda - 17 de Decembro do 2017

Domingo, 17 de Decembro de 2017 - 19:00
Panxoliñas en Cedeira
O centro cultural da parroquia organiza o domingo 17 un concerto de panxoliñas a partir das 19:00 horas no que actuarán a coral polifónica Ondas do Mar de Vigo e coral polifónica A Raiña do centro cultural. Entrada libre ata completar o aforamento.
Sábado, 16 de Decembro de 2017 - 12:00
Feira de artesanía
Redondela acollerá os días 16 e 17 unha nova edición da tradicional feira de artesanía de Nadal na que participarán un total de trinta postos. Estarán ubicados na rúa Ribeira, ao carón da Alameda o sábado de 10 a 22:00h e o domingo de 10 a 21:00h
Domingo, 17 de Decembro de 2017 - 20:00
Humor na súa tinta
Dentro do ciclo de humor que organiza MoitaMerda Producción chega a Redondela o humorista Miguel Lago. Actuación o domingo 17 ás 18:00 e 20:00 horas. Venda de entradas en Ticketea e O Café da Vila a 10€.

Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz
Axenda
Sábado, 24 de Febreiro de 2018 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 24 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 24 de Febreiro de 2018 - 20:00
Homenaxe Lois Obelleiro
O Multiúsos de Arcade acolle o vindeiro 24 de febreiro un acto homenaxe no que se presentará o libro "Lois Obelleiro: compromiso e loita" cando se cumpre o X cabodano do pasamento do dirixente nacionalista.
Domingo, 25 de Febreiro de 2018 - 19:00
Concerto de Tr3sporc4tro
O Multiúsos de Arcade acolle o domingo 25 a presentación do novo disco do grupo de música tradicional revisada, TR3SPORC4TRO (3X4). Será nun concerto programado para as 19:00h con entrada de balde.
Domingo, 25 de Febreiro de 2018 - 19:00
Pórtico Sonoro
O ciclo de música nas Igrexas chega ao templo de San Pedro de Cesantes coa actuación o domingo 25 ás sete tarde do Coro Rías Baixas.Organiza Concellería de Cultura. Entrada de balde.
Mércores, 28 de Febreiro de 2018 - 12:00
Conciliación Semana Santa
As actividades desenvolveranse nas parroquias de Cesantes, Chapela, Negros, Redondela, Saxamonde e Ventosela os días 26, 27 e 28 de marzo e o 2 de abril de 9:00 a 14:00h. En total 105 prazas para nenos e nenas de 4 a 14 anos. inscrición antes do 28.
Mércores, 28 de Febreiro de 2018 - 20:00
Axudas á rehabilitación
Charla na Casa da Cultura o mércores 28 ás 20:00h sobre as axudas para a rehibilitación de edificios e vivendas nos Camiños de Santiago. As parroquias que se poden beneficiar son Cedeira, Cesantes, O Viso, Quintela, Redondela, Saxamonde e Vilar.
Sábado, 7 de Abril de 2018 - 19:00
Cuarteto Musicantes
A Igrexa de Santiago de Redondela acolle a actuación do Cuarteto Musicantes. Música clásica enmarcada dentro do ciclo Pórtico Sonoro que organiza a Concellería de Cultura. O sábado día 7 de abril ás 19:00 horas con entrada de balde.
Sábado, 28 de Abril de 2018 - 19:00
Concerto do Cuarteto Alicerce
O Pórtico Sonoro despídese cun concerto a cargo do Cuarteto Alicerce na Igrexa Santa María do Viso. O sábado 28 de abril ás 19:00 horas con entrada de balde.