Luns, 23 de Abril de 2018 - 18:30 |
Contacontos na biblioteca |
O 23 de abril, Día Internacional do Libro, terá lugar na Biblioteca de Chapela o contacontos, para enos e nenas desde os 4 anos, "Un conto con moito conto". Será ás 18:30 h., na biblioteca de Chapela, con entrada libre e de balde.
|
Xoves, 26 de Abril de 2018 - 12:00 |
Oferta laboral |
O Concello convoca 15 prazas de peóns e dúas de capataces para a limpeza das praias.O prazo de presentación de solicitudes para poder optar a esta oferta laboral estará aberto ata o xoves 26 de abril. Información na páxina web do concello. |
Venres, 27 de Abril de 2018 - 10:00 |
Doazón de sangue en Redondela |
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o venres 27 en horario de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas. |
Venres, 27 de Abril de 2018 - 17:00 |
Espectáculo para bebés |
Normalización Lingüística organiza o venres 27 as 17:00 e as 18:30h unha actividade orientada a nenos de 0 a 3 anos que poderán participar dunha "Alfombra máxica". Inscrición no 986 400300 ou no enderezo normalizacion@redondela.gal |
Sábado, 28 de Abril de 2018 - 10:00 |
Doazón de sangue |
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 28 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello. |
Sábado, 28 de Abril de 2018 - 19:00 |
Concerto do Cuarteto Alicerce |
O Pórtico Sonoro despídese cun concerto a cargo do Cuarteto Alicerce na Igrexa Santa María do Viso. O sábado 28 de abril ás 19:00 horas con entrada de balde. |
|