www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 14 de Novembro de 2018

Axenda - 22 de Xullo do 2018

Domingo, 22 de Xullo de 2018 - 12:00
II Tríatlon de Redondela
O domingo, 22 de xullo, as rúas de Redondela, acollerán a segunda edición do Tríatlón Concello de Redondela. Partirá ás 12.00 horas do peirao de Cesantes e a meta será na Alameda de Redondela.
Domingo, 22 de Xullo de 2018 - 22:00
Concerto "La Supersonic"
A música ao aire libre chega este domingo á Alameda Rosalía de Castro co grupo vigués "La Supersonic". Versións de blues, rock e soul é a proposta deste quinteto. Subirán ao escenario ás 22.00 horas.
Luns, 2 de Xullo de 2018 - 19:30
Visitas guiadas
Coñecer o que agochan as rúas de Redondela é o obxectivo destas visitas gratuítas. O patrimonio cultural, histórico e natural pero tamén o seu pasado industrial e comercial. As visitas son diarias ás 19.30 horas. Inscrición no 986 401713
Domingo, 22 de Xullo de 2018 - 18:30
Visita teatralizada a Meirande
O domingo, 22 de xullo, celebrarase dobre visita teatralizada ao Museo de Rande ás 18.30 e ás 19.15 hora. Actividade gratuíta pero é preciso inscribirse previamente. As visitas están adaptadas a persoas cegas, xordas e xordo cegas.

Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
Axenda
Xoves, 15 de Novembro de 2018 - 20:00
Exposición GalizAmérica
Mostra sobre a edición e lingua na emigración no Multiúsos de Chapela. Inauguración coa conferencia de Uxío Breogán: “O galeguismo no exilio americano. Da Irmandade Galega ao Consello de Galiza (1940-1963)”
Xoves, 15 de Novembro de 2018 - 20:00
O futuro vial dos Eidos
A Casa da Cultura acolle un acto informativo do BNG sobre a futura estrada que atravesará Cesantes, Quintela e Eidos, segundo está proxectada no novo PXOM.
Venres, 16 de Novembro de 2018 - 13:30
Falar por falar
A Biblioteca de Pazos organiza o III Ciclo de Tradición Oral no auditorio do Concello. Esta semana o convidado é Quio Cadaval, ás 13.30 con "Contos doutro mundo" e no serán ás 20.00 horas "Lendas suburbanas" para público adulto.
Venres, 16 de Novembro de 2018 - 20:00
Charla sobre a tarifa da luz
O BNG de Pazos de Borbén denuncia a suba da luz nun acto informativo con Luis Bará e Xurxo Pardo Besadío. Na Casa da Cultura de Pazos. Realizarase unha recollida de sinaturas contra a suba da tarifa eléctrica.
Sábado, 17 de Novembro de 2018 - 16:30
Castañazo en Rande
Magosto reivindicativo organizado por AER en Rande, con actividades de animación e unha búsqueda do tesouro familiar. Unha inciativa coa que queren rexeitar o uso da explanada de Duches como almacén de colectores.
Sábado, 17 de Novembro de 2018 - 19:00
Magosto Círculo de Chapela
A partir das 19:00 horas na alameda Rosalía de Castro. É preciso retirar antes o vale para castañas, viño e chourizo asado. De balde para os socios, 9 € non socios. Actuación do grupo de pandereitas "Cacharelas" e o grupo "Froles Mareliñas".
Sábado, 17 de Novembro de 2018 - 20:00
Concerto Ducho Vidal
O cantautor Ducho Vidal actúa no auditorio do Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Entrada de balde, dentro da programación cultural do Concello de Redondela.
Sábado, 17 de Novembro de 2018 - 20:00
Xardín desordenado
O Multiúsos da Xunqueira acolle o concerto homenaxe a María Victoria Moreno a cargo do grupo Xardín Desordenado. Entrada 7 € (5€ entrada reducida).