www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Xullo de 2018

Axenda - 25 de Maio do 2018

Venres, 25 de Maio de 2018 - 18:00
Contos no faiado
"Contos no faiado" é a proposta de María Ortiz quen percorrerá algunhas das historias máis emocionantes da escritora homenaxeada nas Letras Galegas, Mª Victoria Moreno, nunha activiade que terá lugar o venres ás 18:00h na biblioteca de Chapela.
Venres, 25 de Maio de 2018 - 12:00
Castelo de Soutomaior
O castelo de Soutomaior ofrecerá seis xornadas de portas abertas este mes. A entrada gratuíta será os días 13, 20, 21, 22, 24 e 25, e nas últimas catro datas inclúense percorridos guiados. Inscrición no enderezo castelodesoutomaior@depo.es.
Venres, 25 de Maio de 2018 - 10:00
Doazón de sangue en Redondela
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o venres 25 en horario de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas.

Hoxe na Radio
00:00 - 18 Rodas
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
Axenda
Mércores, 18 de Xullo de 2018 - 20:30
Fillo Adoptivo de Redondela
Dezaseis colectivos e asociacións presentan este mércores, ás 20.30 horas, un manifesto para o recoñecemento de Diego San José como Fillo Adoptivo de Redondela. O acto será na Casa da Cultura.
Xoves, 19 de Xullo de 2018 - 21:00
Concerto Rondalla Redondela
Nova cita este xoves, ás 21.00 horas, co Meixón Music. Os protagonistas serán os membros da Rondalla de Redondela. O lugar, as terrazas de Meixón Frío.
Domingo, 22 de Xullo de 2018 - 12:00
II Tríatlon de Redondela
O domingo, 22 de xullo, as rúas de Redondela, acollerán a segunda edición do Tríatlón Concello de Redondela. Partirá ás 12.00 horas do peirao de Cesantes e a meta será na Alameda de Redondela.