www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Maio de 2019

Axenda - 26 de Outubro do 2018

Venres, 26 de Outubro de 2018 - 20:30
Charla sobre Jella Lepman
Unha ponte de libros infantís é o título da charla que ofrecerá a xornalista e editora Teresa Zataraín o venres 26 de outubro ás 20:30 horas na Casa da Cultura enmarcada nas actividades do 50 aniversarios das bibliotecas.
Venres, 26 de Outubro de 2018 - 16:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará diante do Concello para recoller doazóns. Horario de 16.00 a 21.00 horas.
Venres, 26 de Outubro de 2018 - 18:30
Obradoiro educación sensorial
O Multiúsos da Xunqueira acolle este venres, ás 18.30 horas, un obradoiro sobre recursos e xogos para coñecer e xestionar os sentimentos das crianzas. É preciso anotarse previamente en normalización@redondela.gal

Hoxe na Radio
Axenda
Venres, 24 de Maio de 2019 - 10:00
Doazón de sangue en Redondela
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue ao carón do concello o venres 24 en horario de mañá de 10:00 a 14.30 e pola tarde de 16:00 a 21.00 horas.
Venres, 24 de Maio de 2019 - 16:00
Doazón en Arcade
O Centro de transfusión de Galicia despraza a Arcade unha unidade móbil para facilitar aos veciños que fagan as súas doazóns. O autobús permanecerá o venres 24 na rúa Xosé Solla (en fronte da farmacia) de 16:00 a 21:00 horas.
Sábado, 25 de Maio de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 25 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.