www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 15 de Setembro de 2019

Axenda - 26 de Abril do 2019

Venres, 26 de Abril de 2019 - 18:00
Acto público do BNG
Acto de peche de campaña o venres 26 de abril ás 18:00h na Alameda de Redondela coas intervencións do candidato a alcaldía de Redondela, Xoán Carlos González, a candidata ao senado Cecília Pérez e a candidata ao congreso Olalla Obelleiro.
Venres, 26 de Abril de 2019 - 17:30
Obradoiro debuxo rítmico
Títeres Babaluva imparte un obradoiro de debuxo rítmico para crianzas de 0-4 anos (17:30) e de 5-10 (18:30), trabállase a música, a oralidade, a escritura e o debuxo. O venres 26 no Multiúsos da Xunqueira. Inscrición en normalizacion@redondela.gal
Venres, 26 de Abril de 2019 - 12:00
Xornada na Illa de San Simón
A Illa de San Simón acollerá o 26 de abril unha xornada baixo o nome A cultura medieval á luz das novas tecnoloxías froito dun convenio de colaboración entre o Concello de Redondela e o Consello da Cultura Galega. De balde con inscrición previa.
Venres, 26 de Abril de 2019 - 10:00
Día do Maior
Redondela organiza o venres 26 unha xornada lúdica e festiva para os maiores do municipio. Celebrarase o Día do Maior no Complexo Deportivo Santa Mariña e no Pavillón Municipal da Marisma en horario de 10.00 a 19.00 horas.

Hoxe na Radio
Axenda
Domingo, 15 de Setembro de 2019 - 12:00
Cafetería Chan das Pipas
A Comunidade de Montes de Saxamonde saca a concurso o aluguer da cafetería do Centro Cultural de Chan das Pipas. Os interesados poden enviar un correo ao enderezo cmvmcsaxamonde@gmail.com ou poñerse en contacto a través dos tlf 627281470 ou 660981935.
Venres, 20 de Setembro de 2019 - 18:30
Contacontos en Chapela
A biblioteca Xela Arias de Chapela acolle o venres 20 ás 18:30 horas un contacontos en verso a cargo da poeta Yolanda Castaño. Unha actividade orientada a nenos e nenas a partir dos 3 anos de idade con entrada libre.
Xoves, 26 de Setembro de 2019 - 09:00
ITV vehículos agrícolas
A explanada do Salgueirón en Soutomaior acollerá o xoves 26 unha inspección técnica orientada a vehículos agrícolas. o horario de inspección será de 9:00 a 13:30h. A cita previa poderá concertarse na páxina www.sycitv.com ou no 902309000.
Luns, 30 de Setembro de 2019 - 18:30
Bebecontos en Chapela
A compañía Trémola teatro ofrece o bebecontos : Que animaliño é? o luns ás 18:30 horas. Orientado a crianzas de 6 meses a 3 anos de idade. Compre inscrición previa na biblioteca de Chapela.
Mércores, 2 de Outubro de 2019 - 12:00
Estimulación terapeutica
Os multiúsos de Redondela e Chapela acollen un programa de estimulación cognitiva organizado por Afaga que busca ralentizar el deterioro cognitivo. Luns e mércores de 10:30 a 13:30 na Xunqueira e os martes e xoves no mesmo horario no Piñeiral.