www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 24 de Xaneiro de 2018

Axenda - 27 de Outubro do 2017

Mércores, 25 de Outubro de 2017 - 16:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará en Redondela para recoller doazóns. Diante do Concello o mércores 25, xoves 26 e venres 29 en horario de tarde 16:00 a 21:00 horas.
Venres, 27 de Outubro de 2017 - 18:30
Raquel Queizás en Chapela
A biblitoeca de Chapela acolle o venres 27 ás 18:30 horas o contacontos “Romaría: contos e lendas da nosa terra” con Raquel Queizás. Para nenos a partir de 3 anos. Entrada libre e de balde
Venres, 27 de Outubro de 2017 - 22:00
X edición do Ventorock
O vernes os primeiros en subirse ao escenario será Antón Ké, o grupo de Redondela Sete Cuncas, os vigueses The Malvertons e o grupo de ska chegado dende Bueu The Skarnivals. Entrada de balde a partir das 22:00 horas.

Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
Axenda
Venres, 26 de Xaneiro de 2018 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o venres 26 en horario de mañá de 10:00 a 14.30 e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas
Venres, 26 de Xaneiro de 2018 - 18:00
O Lobo bobo
O Multiúsos da Xunqueira acolle o venres 26 ás 18:00 horas unha proposta para o público infantil. O espectáculo o Lobo Bobo. Organiza o Servizo de Normalización Lingüística ao abeiro do programa Apego.
Sábado, 27 de Xaneiro de 2018 - 19:30
Visita guiada polo Cemiterio
O cemiterio dos Eidos será o lugar que protagonice a visita guiada do sábado 27 ás 19:30h. Unha actividade da Concellería de Turismo na que compre inscrición previa no 667 401909. De balde.
Sábado, 27 de Xaneiro de 2018 - 20:00
Teatro afeccionado no Piñeiral
Terceira actuación do Ciclo de teatro afeccionado de Chapela a cargo do grupo de Soutomaior Fonte da Tella quen porá en escena A fermosa Dorotea dirixida por Salvador Álvarez. O sábado 27 ás 20:00h no Mulitúsos do Piñeiral con entrada de balde.
Domingo, 28 de Xaneiro de 2018 - 11:30
Ruta pola Portela
Coñecer a riqueza paisaxística e abiodiversidades desta zona de Redondela é a proposta que nos deixa a visita guiada que se celebra o domingo 28 ás 11:30 horas. Activiades de balde organizada dende Turismo. Inscrición no teléfono 667 401 909.
Domingo, 28 de Xaneiro de 2018 - 19:00
Concerto polo Día da Paz
Músicos do Conservatorio de Redondela celebran o Día escolar da non violencia e a paz cun concerto o domingo 28 ás 19:00 horas. Entrada de balde. Organiza Concellería de Cultura
Luns, 29 de Xaneiro de 2018 - 10:00
Doazón de Sangue en Chapela
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará en Chapela, diante do instituto da parroquia, o luns 29 en horario de mañá 10:00 a 14:30 e pola tarde de 16:00 a 21:00 horas.
Mércores, 31 de Xaneiro de 2018 - 23:00
Exposición de retraros
O Multiusos da Xunqueira acolle unha mostra de retratos realizados polo artista Antonio Becerra. Ata o 31 de xaneiro.