www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 21 de Abril de 2018

Axenda - 28 de Febreiro do 2018

Mércores, 28 de Febreiro de 2018 - 20:00
Axudas á rehabilitación
Charla na Casa da Cultura o mércores 28 ás 20:00h sobre as axudas para a rehibilitación de edificios e vivendas nos Camiños de Santiago. As parroquias que se poden beneficiar son Cedeira, Cesantes, O Viso, Quintela, Redondela, Saxamonde e Vilar.
Mércores, 28 de Febreiro de 2018 - 12:00
Conciliación Semana Santa
As actividades desenvolveranse nas parroquias de Cesantes, Chapela, Negros, Redondela, Saxamonde e Ventosela os días 26, 27 e 28 de marzo e o 2 de abril de 9:00 a 14:00h. En total 105 prazas para nenos e nenas de 4 a 14 anos. inscrición antes do 28.
Domingo, 18 de Xaneiro de 2009 - 20:00
Carballo das cen polas
A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda acolle este sábado 18 ás 20:00 horas unha actuación a cargo do grupo O Carballo Das Cen Polas.

Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz
Axenda
Luns, 23 de Abril de 2018 - 18:30
Contacontos na biblioteca
O 23 de abril, Día Internacional do Libro, terá lugar na Biblioteca de Chapela o contacontos, para enos e nenas desde os 4 anos, "Un conto con moito conto". Será ás 18:30 h., na biblioteca de Chapela, con entrada libre e de balde.
Xoves, 26 de Abril de 2018 - 12:00
Oferta laboral
O Concello convoca 15 prazas de peóns e dúas de capataces para a limpeza das praias.O prazo de presentación de solicitudes para poder optar a esta oferta laboral estará aberto ata o xoves 26 de abril. Información na páxina web do concello.
Venres, 27 de Abril de 2018 - 10:00
Doazón de sangue en Redondela
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o venres 27 en horario de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas.
Venres, 27 de Abril de 2018 - 17:00
Espectáculo para bebés
Normalización Lingüística organiza o venres 27 as 17:00 e as 18:30h unha actividade orientada a nenos de 0 a 3 anos que poderán participar dunha "Alfombra máxica". Inscrición no 986 400300 ou no enderezo normalizacion@redondela.gal
Sábado, 28 de Abril de 2018 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 28 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 28 de Abril de 2018 - 19:00
Concerto do Cuarteto Alicerce
O Pórtico Sonoro despídese cun concerto a cargo do Cuarteto Alicerce na Igrexa Santa María do Viso. O sábado 28 de abril ás 19:00 horas con entrada de balde.