www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Setembro de 2018

Axenda - 4 de Agosto do 2018

Luns, 2 de Xullo de 2018 - 19:30
Visitas guiadas
Coñecer o que agochan as rúas de Redondela é o obxectivo destas visitas gratuítas. O patrimonio cultural, histórico e natural pero tamén o seu pasado industrial e comercial. As visitas son diarias ás 19.30 horas. Inscrición no 986 401713
Sábado, 4 de Agosto de 2018 - 21:30
XIX Festival Folk Fornelos
A praia fluvial de Fornelos acolle o sábado 4 un festival folk con festa todo o día e gran concerto a partir das 21:30 con actuación da banda de Gaitas do Concello de Fornelos , Os Carunchos e Óscar Ibáñez&Tribo.
Sábado, 4 de Agosto de 2018 - 22:00
Festival bandas de música
A praza da Casa da Torre acolle o sábado 4 ás 22:00 horas a XXIII edición do festival de bandas de Música con actuación da Banda de Candeán, a Banda de música municipal de Caldas de Reis e a banda de música de Chapela, organizadores do certame.

Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz
Axenda
Xoves, 20 de Setembro de 2018 - 19:00
Contacontos para adultos
A Biblioteca de Chapela acolle este xoves 20 de setembro, ás 19:00 horas na Biblioteca de Chapela un espectáculo de narración oral para adultos a cargo da contadora Fátima Fernández e os seus "contos da nai da miña nai"
Venres, 21 de Setembro de 2018 - 16:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o venres 21 en horario de tarde de 16.00 a 21.00 horas
Venres, 21 de Setembro de 2018 - 18:00
Visita guiada das bibliotecas
A guía profesional Soledad Chayán será a encargada de guiar aos participantes, rapaces de 6 a 12 anos, nun percorrido o día 21 polos edificios que albergaron a biblioteca dende o seu inicio hai 50 anos nos baixos do concello. Inscrición 986401561.
Sábado, 22 de Setembro de 2018 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 22 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 22 de Setembro de 2018 - 20:00
Tarde de Zarzuela
A Asociación Lírica galega ofrece unha tarde de música no Multiúsos da Xunqueira coa súa proposta "Tarde de Zarzuela". O sábado 22 ás 20:00 horas. Actuación enamrcada dentro do ciclo Outonoteatro da Concellería de Cultura.
Xoves, 27 de Setembro de 2018 - 18:30
Contacontos en Chapela
Contacontos para nenos na Biblioteca de Chapela o xoves 27 de setembro, ás 18:30 horas con Os contos de Pablísimo e o espectáculo "O Paroleiro". Entrada de balde.