| Venres, 24 de Maio de 2013 - 10:00 |
| Doazón en Redondela |
| Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase o venres 24 a Redondela. Permanecerá en horario de tarde nas inmediacións da casa Consistorial de 16:00 a 21:00 horas. |
| Venres, 24 de Maio de 2013 - 18:30 |
| Contacontos con Charo Pita |
| A Biblioteca de Redondela acolle o venres 24 na sala infantil o contacontos Quen quere viaxar comigo a cargo de
Charo Pita. Unha actividade aberta ás 18:30 horas para nenos a partir de 5 anos. |
| Venres, 24 de Maio de 2013 - 20:00 |
| A voz de lenda |
| O Multiusos da Xunqueira acolle a presentación dun novo número da revista "A voz de lenda" dedicado nesta ocasión a xustiza. Será o venres 24 de Maio ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira con entrada de balde. |
| Venres, 24 de Maio de 2013 - 20:30 |
| Presentación literaria |
| Os escritores Manuel Darriba e Daniel Salgado presentan na Casa da Cultura o libro "AGE, A emerxencia da Alternativa Galega de Esquerdas”. O acto, que terá lugar ás 20:30 horas na Casa da Cultura estará presentado por Raquel Carballo.
|
| Sábado, 25 de Maio de 2013 - 10:00 |
| Doazón en Redondela |
| O centro de transfusión de Galicia desprázase o sábado 25 a Redondela. A unidade móbil estará ubicada nas inmediacións do concello en horario de mañá de 10:00 a 15:00 horas. |
| Sábado, 25 de Maio de 2013 - 16:30 |
| Obradoiro de plantas no Viso |
| Obradoiro de plantas medicinais e aromáticas no Viso organizado pola Asociación Cultural Santa María. O sábado 25 impartido pola naturópata Siegrun Bischof
A actividade ten un custe de 17 euros. As persoas interesadas deben inscribirse no 609993885. |
| Domingo, 26 de Maio de 2013 - 12:00 |
| Xuntanza na Peneda |
| A Asociación Cultural Santa María do Viso anima aos veciños a participar nunha xornada de convivencia o domingo 26 de maio a partir das 12h no Monte da Peneda. Cada persoa levará algunha comida e/ou bebida e farase un xantar compartido. |
| Domingo, 26 de Maio de 2013 - 19:00 |
| O Mago de Oz en Chapela |
| O musical a cargo dos grupos de teatro de Chapela e Ventosela baixo a dirección de Chusa Couñago, representarase o domingo 26 de maio ás 19:00 horas no Multiusos do Piñeiral do Crego en Chapela. Unha actividade organizada pola Concellería de Servizos |
|