www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 9 de Setembro de 2010


Cultura • 9/09/2010

Desde a organización dos cursos que comezan en Chapela, Ventosela, Negros e Vilar animan á xente de todas as idades a achegarse ás aulas de teatro. Chusa Couñago, encargada de impartir as aulas, amósase moi satisfeita co resultado da actividade, organizada polas concellarías de Participación Cidadá e Normalización Lingüística.


Sociedade • 9/09/2010

A Xunta detectou deficiencias no proxecto para arranxar a tuneladora, e agora estudan a nova documentación presentada polas empresas encargadas das obras do túnel do AVE. Aseguran que se fará no menor tempo posible, pero que se debe garantir a seguridade pública.


Cultura • 9/09/2010

A concellaría de Normalización Lingüística presenta a obra "Estudos xurídicos sobre o Decreto para o plurilingüismo" de Edicións Laiovento. O acto celébrase mañá venres, na Casa da Torre, ás 20.00 horas. O libro, coordinado polo xuíz Luís Villares, é unha análise concienciuda dende o punto de vista legal sobre a norma lingüística aprobada polo Executivo de Núñez Feijóo.


Cultura • 9/09/2010

A beleza da paisaxe, o entorno e o ambiente da Illa e da Enseada de San Simón cativaron ao pintor madrileño Ángel Orcajo que o plasmou no cadro "El caminante de Friedrich frente a La Isla del Pensamiento". Agora o artista vén de doalo á Fundación Illa de San Simón.


Sociedade • 8/09/2010

O BNG denuncia que non soluciona os colapsos nos accesos a Vigo. Os nacionalistas, igual que o Concello e os veciños de Redondela, entenden que a ampliación da AP-9 só creará máis problemas de circulación, ademais de moitos prexuízos na parroquia de Chapela.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Set 2010 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   

Próximos Eventos...
Xoves, 9 de Setembro de 2010 - 20:00
Arte_k 2.0 na Xunqueira
O movemento de arte fotográfico Arte_K 2.0 inaugura este xoves día nove, ás 20 horas, unha exposición no Multiusos da Xunqueira que poderá visitarse até o 30 de setembro.
Venres, 10 de Setembro de 2010 - 12:00
Festival do Lixo Rock
Nova edición do lixo rock o venres 10 as 22:00 horas no antigo mercado do gando. Un recinto cuberto que garante a celebración do tradicional concerto independentemente das condicións meteorolóxicas.
Sábado, 18 de Setembro de 2010 - 22:30
Esguince en Arcade
O grupo Esguince (The Paleo Rock Band) actúa no multiusos de Arcade o sábado 18 ás 22:30 horas. Ofrecerá versións dos Beatles, Rolling Stones, Chuck Berry, Creedence Clearwater Revival e tamén temas propios. A formación orixinal de Esguince formous
Domingo, 19 de Setembro de 2010 - 12:00
Festa do Mexillón
Chapela celebra o día 19 na pista deportiva a XII edición da festa do Mexillón. O evento gastronómico está organizado pola comisión de festas da Virxe do Carme
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Brasil moito alén