www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 23 de Febreiro de 2018


Cultura • 22/02/2018

A arte e as esculturas elaboradas a partir de material de refugallo volverán ser as protagonistas do Artelixo que se celebra en Redondela do 15 ao 21 de abril. Con todo, dende a organización xa teñen en marcha outras actividades previas como o Artefato, un concurso fotográfico consistente en fotografar calquera trebello que serva para dar unha segunda vida a obxectos que non empregamos. A foto que máis apoios reciba nas redes sociais será a empregada para o cartaz Artelixo 2018. As imaxes pódense etiquetar no facebook do Artelixo ou envialas por correo ao enderezo artelixoredondela@gmail.com


Sociedade • 22/02/2018

O Colectivo Republicano de Redondela organiza este venres 23 de febreiro unha charla coloquio baixo o título "A liberdade de expresión hoxe" a cargo de Juan Manuel Olarrieta, especialista en cuestións de dereitos humanos e avogado dos rapeiros Pablo Hasel e Valtonic, condenados polas letras das súas cancións. O acto terá lugar no Multiúsos da Xunqueira, na Sala Cafetería, ás 20:30 horas.


Cultura • 22/02/2018

A Igrexa San Pedro de Cesantes acolle este domingo 25 ás 19:00 horas unha nova actuación enmarcada dentro do ciclo pórtico Sonoro que organiza a Concellería de Cultura.  Nesta ocasión o concerto correrá a cargo do coro de Cámara Rías Baxas fundado en Vigo no ano 2014 cun repertorio no que se inclúen obras de autores musicais como Mozart, Purcell, Haendel e Rossini, entre outros.


Cultura • 21/02/2018

A Asociación Amigos das Bibliotecas municipais organizan unha nova charla a cargo do profesor de historia, David Faro. O despoboamento do rural é o tema elixido para esta palestra que se desenvolverá o venres ás 20:30 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Partindo do libro "A España baleira" de Sergio del Molino analizarase un problema que está a provocar o abandono paulatino de multitude de aldeas e vilas tamén en Galicia.


Institucional • 21/02/2018

O vindeiro 24 de febreiros cúmprense 181 anos do nacemento de Rosalía de Castro, motivo polo que se elixiu dende o Concello de Redondela esa data para celebrar un acto institucional no que se descubrirá unha placa de dará nome á Alameda de Chapela, lugar que pasará a denominarse Alameda Rosalía de Castro. Será o vindeiro sábado ás 18:00 horas




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xan 2018 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    

Próximos Eventos...
Venres, 23 de Febreiro de 2018 - 16:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o venres 23 en horario de tarde de 16.00 a 21.00 horas
Sábado, 24 de Febreiro de 2018 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 24 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 24 de Febreiro de 2018 - 20:00
Homenaxe Lois Obelleiro
O Multiúsos de Arcade acolle o vindeiro 24 de febreiro un acto homenaxe no que se presentará o libro "Lois Obelleiro: compromiso e loita" cando se cumpre o X cabodano do pasamento do dirixente nacionalista.
Domingo, 25 de Febreiro de 2018 - 19:00
Concerto de Tr3sporc4tro
O Multiúsos de Arcade acolle o domingo 25 a presentación do novo disco do grupo de música tradicional revisada, TR3SPORC4TRO (3X4). Será nun concerto programado para as 19:00h con entrada de balde.
Domingo, 25 de Febreiro de 2018 - 19:00
Pórtico Sonoro
O ciclo de música nas Igrexas chega ao templo de San Pedro de Cesantes coa actuación o domingo 25 ás sete tarde do Coro Rías Baixas.Organiza Concellería de Cultura. Entrada de balde.
Mércores, 28 de Febreiro de 2018 - 12:00
Conciliación Semana Santa
As actividades desenvolveranse nas parroquias de Cesantes, Chapela, Negros, Redondela, Saxamonde e Ventosela os días 26, 27 e 28 de marzo e o 2 de abril de 9:00 a 14:00h. En total 105 prazas para nenos e nenas de 4 a 14 anos. inscrición antes do 28.
Mércores, 28 de Febreiro de 2018 - 20:00
Axudas á rehabilitación
Charla na Casa da Cultura o mércores 28 ás 20:00h sobre as axudas para a rehibilitación de edificios e vivendas nos Camiños de Santiago. As parroquias que se poden beneficiar son Cedeira, Cesantes, O Viso, Quintela, Redondela, Saxamonde e Vilar.
Sábado, 7 de Abril de 2018 - 19:00
Cuarteto Musicantes
A Igrexa de Santiago de Redondela acolle a actuación do Cuarteto Musicantes. Música clásica enmarcada dentro do ciclo Pórtico Sonoro que organiza a Concellería de Cultura. O sábado día 7 de abril ás 19:00 horas con entrada de balde.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia