www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 12 de Decembro de 2018


Sociedade • 11/12/2018

Promover o deporte é un dos obxectivos da nova actividade de sendeirismo que arranca esta fin de semana e que vai levar aos participantes a coñecer diferentes espazos de Galicia e norte de Portugal. A primeira proposta consistirá en percorrer a ruta da auga entre Chapela e Redondela e para premiar o esforzo unha vez rematado o percorrido haberá petiscos para os asistentes. A saída será este sábado día 15 ás 9:45 horas dende o Multiúsos do Piñeiral e inclúe unha visita ao coñecido banco de Cedeira. A inscricións, que teñen un custe de 3 euros por persoa, deben facerse a través do 637931747.


Deporte • 11/12/2018

O adestrador redondelán, técnico do Arcade, amósase moi satisfeito do rendemento do equipo. Recén ascendido a Primeira Autonómica, están a facer unha campaña espectacular. Suman cinco vitorias consecutivas, a última no campo do Gran Peña, e ocupan a sexta praza do grupo.


Cultura • 11/12/2018

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy de Cesantes organiza este domingo no Multiúsos da Xunqueira ás 17:30 horas a proxección do documental "Os nenos da illa", dirixido por Noelia López Arosa. A película narra a historia do Fogar Méndez Núñez en San Simón entre os anos 1955 e 1963, un período durante o cal a illa destinouse á formación básica dos orfos dos mariñeiros.


Sociedade • 10/12/2018

A psicóloga da asociación Érguete, Noa Pereiro, será a encargada de impartir unha charla en torno a adolescencia e determinados comportamentos de risco como son o  consumo de alcohol e drogas entre os máis novos. A cita desenvolverase hoxe luns ás 20:00 horas no Piñeiral do Crego en Chapela e mañá martes a mesma hora no Multiúsos da Xunqueira. Unha actividade organizada conxuntamente co Concello.


Cultura • 10/12/2018

Medio cento de persoas súmanse ao acto do Servizo de Normalización Lingüística celebrado este domingo no camposanto de Reboreda. Unha actividade enmarcada na campaña "En galego, agora e sempre" que busca promover o uso do galego en necrolóxicas, lápidas e actos fúnebres. O vindeiro domingo día 16 o acto repetirase na parroquia de Ventosela.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xan 2019 >>
LMMXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos Eventos...
Venres, 14 de Decembro de 2018 - 12:00
Libros solidarios
A biblioteca de Chapela en colaboreción con Cáritas ten en marcha a campaña Libros solidarios consistente no intercambios de alimentos e produtos de hixiene a cambio de libros. A iniciativa manterase ata o día 14 no Multiúsos do Piñeiral do Crego.
Venres, 14 de Decembro de 2018 - 18:00
Contacontos teatro
“A bolboreta Roseta” do grupo Fedellas poderá verse no Multiúsos da Xunqueira o venres 14 ás 18:00 horas. Un espectáculo orientado a público infantil con entrada de balde.
Sábado, 15 de Decembro de 2018 - 17:30
Festival solidario
Festival Bailemos todos polos peques a favor de Unicef. No Multiúsos da Xunqueira o sábado 15 ás 17:30 horas. Entrada donativo 5 euros. Organiza Asociación Piyopi.
Domingo, 16 de Decembro de 2018 - 17:30
Os Nenos da Illa
Proxección do documental Os Nenos da Illa organizado polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy. O domingo 16 ás 17:30 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada a 2 euros.
Domingo, 16 de Decembro de 2018 - 19:00
Cena baile en Reboreda
A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda organiza o día 16 a comida-baile anual do socios. A festa inclúe menú e actuación musical en directo. Os interesados deben inscribirse como data limite o día 12 na cafetería da Sociedade.
Mércores, 19 de Decembro de 2018 - 18:30
Festival de Danza
Festival solidario para a recadación de fondos a favor da ONG DaMan. Organiza a Escola de Danza Deborah Alfaya. Mércores 19 ás 18:30 horas. Donativo voluntario.
Venres, 21 de Decembro de 2018 - 18:00
Contacontos con Olga Cuervo
A Sala Infantil de Biblioteca de Redondela acolle o venres 21 ás 18:00 horas un contacontos a cargo de Olga Cuervo. Organiza a Fundación Filomena Rivero en colaboración coas bibliotecas.
Venres, 21 de Decembro de 2018 - 20:30
Festival de Lenda
O auditorio do Multiúsos acolle o venres 21 ás 20:30 horas un concerto benéfico a favor de Lenda. Entradas 5 euros.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia