www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 16 de Setembro de 2019


Cultura • 16/09/2019

A Asociación para a Recuperación de memoria Histórica en colaboración co colectivo republicano de Redondela organizan esta exposición baixo o título "Boix, fotógrafo de Mauthausen" que se poderá ver no Multiúsos ata o vindeiro 29 de setembro. Co gallo da mostra, que se inaugura hoxe luns ás 20:00 horas, levaranse a cabo coloquios e actividades para difundir a historia dos galegos internados en campos nazis.


Política • 16/09/2019

Amosan a súa preocupación porque "os colectivos perdan axudas debido á sobrecarga de burocracia e á falla de transparencia  nunhas bases cuxo prazo de presentación "remata hoxe día 16 malia que dende o goberno establecesen como día final de presentación o día 15 a pesar de saber que ese día caía en domingo". O Partido popular non dubida en cualificar de "chapuza" a xestión que está a realizar o goberno bipartito de PSdeG e AER coas distintas liñas de subvencións dirixidas a colectivos e eventos de carácter cultural.


Deporte • 16/09/2019

O conxunto redondelán é líder da Terceira División logo de gañar en Ourense. Na Primeira Galega o Arcade empatou sen goles en Tui, e na Segunda triunfo do Cesantes e empate do Atl.Vilar. No fútbo sala comezou a Preferente Sur con derrota do Redondela e empate do Campito. No balonmán a SAR Rodavigo comezou con derrota en León a liga de Honra Prata Feminina.


Sucesos • 16/09/2019

Sorprendente intento de roubo en Chapela o que tería acontecido esta fin de semana. Así o publican a través das redes sociais os responsables dos obradoiros de emprego, quen denuncian que nas últimas horas algún delincuente tería intentado levarse unha das pedras ornamentais que adornan a rotonda que se atopa na N-552 na entrada a AP-9.


Institucional • 16/09/2019

Representantes de Fomento confirmaron a alcaldesa, Digna Rivas que autorizará a instalación dun semáforo á altura do CEIP Alexándre Bóveda de Chapela logo de que na pasada semana se produciran varias mobilizacións, tanto veciñais como da propia Anpa do colexio, demandando que se mellorara a seguridade vial nunha zona de alta densidade de tráfico. Malia non concretar datas o xefe de demarcación de Estradas confirmou "que no máis breve prazo posible, analizarase unha ubicación para a colocación do semáforo". A petición feita polo anterior goberno quedara paralizada ao "non cumprir os requisitos necesarios".




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Nov 2019 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 

Próximos Eventos...
Venres, 20 de Setembro de 2019 - 18:30
Contacontos en Chapela
A biblioteca Xela Arias de Chapela acolle o venres 20 ás 18:30 horas un contacontos en verso a cargo da poeta Yolanda Castaño. Unha actividade orientada a nenos e nenas a partir dos 3 anos de idade con entrada libre.
Xoves, 26 de Setembro de 2019 - 09:00
ITV vehículos agrícolas
A explanada do Salgueirón en Soutomaior acollerá o xoves 26 unha inspección técnica orientada a vehículos agrícolas. o horario de inspección será de 9:00 a 13:30h. A cita previa poderá concertarse na páxina www.sycitv.com ou no 902309000.
Luns, 30 de Setembro de 2019 - 18:30
Bebecontos en Chapela
A compañía Trémola teatro ofrece o bebecontos : Que animaliño é? o luns ás 18:30 horas. Orientado a crianzas de 6 meses a 3 anos de idade. Compre inscrición previa na biblioteca de Chapela.
Mércores, 2 de Outubro de 2019 - 12:00
Estimulación terapeutica
Os multiúsos de Redondela e Chapela acollen un programa de estimulación cognitiva organizado por Afaga que busca ralentizar el deterioro cognitivo. Luns e mércores de 10:30 a 13:30 na Xunqueira e os martes e xoves no mesmo horario no Piñeiral.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia