www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 22 de Xaneiro de 2018


Sociedade • 22/01/2018

Alumnos dos obradoiros de emprego nas especialidades de cantería e xardinería traballan xa na parcela na que se ubicaba o antigo edificio de Fenosa no Paseo da Xunqueira. O traballo prolongarase durante dous meses e consistirá no acondicionamento deste espazo que se converterá "nunha zona de descanso e recreo, aberta ao viaduto".


Sociedade • 22/01/2018

As asociacións de veciños de Chapela e Teis convocan para o vindeiro sábado 27 ás 17:30 horas unha nova manifestación para reclamar do Ministerio de Fomento e Audasa a eliminación da peaxe en Redondela, a conversión do tramo da autoestrada dende as Torres de Padín ata o centro da cidade en vía urbana e a aplicación de medidas contra a contaminación acústica. Dende a Asociación de Chapela fan un chamamento a toda a cidadanía a saír a rúa e mobilizarse "contra os abusos da concesionaria e o Ministerio".


Política • 22/01/2018

A Xunta de Galicia dará traslado este martes 23 ao Ministerio de Fomento, na reunión que se celebrará da Comisión mixta para a xestión da Autoestrada do Atlántico (AP-9), dunha "alternativa viable" para a supresión da peaxe entre Redondela e Vigo. Así o explicaba este sábado a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, quen avanzou que será este martes cando se celebre a que será a terceira reunión da Comisión Mixta e na que a Xunta de Galicia tentará concretar co Ministerio de Fomento novos compromisos para aliviar a carga económica da AP-9 aos seus usuarios.


Deporte • 22/01/2018

Malia dominar o encontro e gozar de varias ocasións, o Choco perdeu ante o Barco. Os ourensáns, moito máis efectivos, anotaron un único gol en Santa Mariña. Na Segunda Autonómica empatou o filial no campo do Louro e gañou o Arcade ante o Bamio. No fútbol sala victorias para os dous equipos de Terceira, o Campito superou ao Santiago B e o Pazos goleou ao Ribeira.

 


Deporte • 22/01/2018

Non era doado, pero novamente as xogadoras do equipo feminino da SAR lograron facerse co partido na súa visita ao campo de La Cistérniga. Encontro que remataba co resultado de 31-34 e que deixa ás de Redondela na terceira praza da categoría. O Cíes Chapela pola súa banda caían pola mínima en Xixón (25-24). En primeira nacional masculina derrota para o Chapela ante o Luceros (35-27) e importante vitoria para a SAR que vencía por 28-23 ao Camariña e logran afastarse do descenso.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2018 >>
LMMXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728    

Próximos Eventos...
Venres, 26 de Xaneiro de 2018 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o venres 26 en horario de mañá de 10:00 a 14.30 e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas
Venres, 26 de Xaneiro de 2018 - 18:00
O Lobo bobo
O Multiúsos da Xunqueira acolle o venres 26 ás 18:00 horas unha proposta para o público infantil. O espectáculo o Lobo Bobo. Organiza o Servizo de Normalización Lingüística ao abeiro do programa Apego.
Sábado, 27 de Xaneiro de 2018 - 19:30
Visita guiada polo Cemiterio
O cemiterio dos Eidos será o lugar que protagonice a visita guiada do sábado 27 ás 19:30h. Unha actividade da Concellería de Turismo na que compre inscrición previa no 667 401909. De balde.
Sábado, 27 de Xaneiro de 2018 - 20:00
Teatro afeccionado no Piñeiral
Terceira actuación do Ciclo de teatro afeccionado de Chapela a cargo do grupo de Soutomaior Fonte da Tella quen porá en escena A fermosa Dorotea dirixida por Salvador Álvarez. O sábado 27 ás 20:00h no Mulitúsos do Piñeiral con entrada de balde.
Domingo, 28 de Xaneiro de 2018 - 11:30
Ruta pola Portela
Coñecer a riqueza paisaxística e abiodiversidades desta zona de Redondela é a proposta que nos deixa a visita guiada que se celebra o domingo 28 ás 11:30 horas. Activiades de balde organizada dende Turismo. Inscrición no teléfono 667 401 909.
Domingo, 28 de Xaneiro de 2018 - 19:00
Concerto polo Día da Paz
Músicos do Conservatorio de Redondela celebran o Día escolar da non violencia e a paz cun concerto o domingo 28 ás 19:00 horas. Entrada de balde. Organiza Concellería de Cultura
Mércores, 31 de Xaneiro de 2018 - 23:00
Exposición de retraros
O Multiusos da Xunqueira acolle unha mostra de retratos realizados polo artista Antonio Becerra. Ata o 31 de xaneiro.
Sábado, 3 de Febreiro de 2018 - 20:00
Oito no Mulitúsos de Chapela
A obra Oito do grupo Misturarte Teatro baixo a dirección de Chusa Couñago pecha o ciclo de teatro afeccionado que organizada a Asoicación Cultural e social de Chapela. o sábado 3 ás 20:00 h no Multiúsos do Piñeiral con entrada de balde.
Hoxe na Radio
00:00 - 18 Rodas
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia