www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 4 de Abril de 2020


Sociedade • 3/04/2020

O obxectivo desta medida, que pon en marcha a Concellería de Ensino, busca sortear a fenda dixital e facilitar ao alumnado de colexios e institutos o acceso a esas tarefas que o profesorado propón para este tempo de confinamento obrigado. A medida está dirixida a aqueles que carezan de ordenador ou conexión a rede "pero non é aplicable aos que carezan de impresora xa que se trata de exercicios que non precisan de seren impresos".


Sociedade • 3/04/2020

As prazas de abastos de Redondela e Chapela potencian os encargos telefónicos e o reparto a domicilio para seguir dando servizo a súa clientela ao tempo que reducen ao máximo o risco de contaxio do coronavirus. Os usuarios poden acceder a froita, peixe ou carne, produtos frescos e de calidade a través da compra telefónica. Os propios praceiros encárganse de organiza o servizo para que nunha única viaxe se lle faga chegar ao cliente todos os produtos adquiridos.


Sociedade • 3/04/2020

Emocionada, esta muller de Redondela de 80 anos conta como nas 3 semanas de confinamento que pasou completamente soa na súa vivenda a axuda dos veciños foi constante "traíanme pan, froita e cousas do día a día para que non saíra da casa". Foron días duros "nos que pasaba as tardes chorando". Agora María recuperou a alegría dende que o pasado luns xa ten na casa a súa filla "estaba en Canarias e tivo que facer moitos trámites para que lle permitiran vir". Con todo, aínda se lle fai difícil non poder achegarse a ela "estamos respectando a corentena e falamos separadas dous metros, como si estiveramos enfadadas".


Sucesos • 3/04/2020

Atopámonos ante os que poderían ser os días máis duros en canto a número de falecidos por Covid19, con todo, na xornada de hoxe o movemento no centro da vila era notablemente superior respecto de días anteriores. Dende a Policía Local insisten en que non hai que baixar a garda, seguiren alertas e respectar o Estado de Alarma, único xeito de garantir o control da pandemia. Lembran ademais que continúan as denuncias e as multas por saltarse o confinamento sen xustificación. Os controis nas estrada seguirán na fin de semana.


Sociedade • 3/04/2020

A situación de confinamento está a ser especialmente dura para os máis vulnerables. Persoas maiores que viven soas, con problemas de mobilidade, ou con patoloxías que os convirten en poboación de risco. Para evitar que teñan que saír á rúa, os voluntarios e voluntarias de Protección Civil encárganse de facerlles a compra de produtos básicos e medicamentos, e levarllos á casa.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829 

Próximos Eventos...
Domingo, 12 de Abril de 2020 - 12:00
Doazón de sangue
Desde o luns 23 todas as persoas que desexan doar sangue deberán chamar ao ttf gratuíto 900 100 828, xa que se comezara a doar sangue mediante o sistema de CITA PREVIA para facilitar o acceso dos doantes e respectar as medidas de confinamento.
Xoves, 30 de Abril de 2020 - 12:00
Teléfono aberto
Entra en funcionamento o 986 401713, operativo para todos aqueles que o precisen. Un servizo de "escoita activa" promovido polo Concello en colaboración coa Cruz Vermella de Redondela, que estará operativo de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00h.
Xoves, 30 de Abril de 2020 - 12:00
Álbum de lembranzas
Participación cidadá convida a veciñanza a crear un álbum de debuxos, fotografías, escritos ou calquera outro material creado nesta etapa de confinamento e que poida ser subido á páxina web do concello. Envíos a quefacerenredondela@redondela.gal
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz