www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 20 de Febreiro de 2019


Sociedade • 19/02/2019

"Os accidentes son continuos tanto de peóns como de vehículos debido ao mal estado que presentan estes camiños". Así o denuncian os veciños que na mañá de hoxe entregaron máis de 500 sinaturas no rexistro do Concello para reclamar que se acometan obras de mellora nos camiños do Penisal, Ánimas, Subido e Formiga. Dende o goberno comprometéronse a investir neste arranxo 8.000 euros "pero non nos dan prazos e ademais parécenos unha cantidade insuficiente para mellorar o estado no que se atopan estes catro viais".


Deporte • 19/02/2019

O CCD Cesantes organiza esta proba, que arrancará ás 16.00 horas en augas da enseada de San Simón coa participación dunha ducia de clubs da provincia.Na regata repartiranse dez bandeiras, unha para cada categoría tanto masculina como feminina.


Cultura • 19/02/2019

As datas da exposición serán do 21 ao 27 de abril. Durante esa semana Redondela volverá converterse nun museo ao aire libre no que esculturas e obras de arte efémeras ocuparán rúas e prazas do casco urbano. Como escenarios alternativos súmase á esta iniciativa o paseo de Cardona en Chapela e nesta edición farase unha incursión especial á parroquia de Cesantes co obxecto de concienciar sobre o lixo que acaba nos nosos mares e costas.


Cultura • 19/02/2019

O Concello de Redondela colocou unha unha mesa-vitrina dentro das súas instalacións que expón a obra humorística de Castelao. Este extenso volume, que recolle as Cousas da vida, é unha edición limitada (333 exemplares) e única como acredita un certificado ante notario. O libro está presidido polo retrato de Castelao.


Sociedade • 18/02/2019

"No camiño do vento", unha iniciativa que busca homenaxear a Sesé no segundo aniversario do seu asasinato a mans da súa ex parella. Un libro e un proxecto que quere lembrar a súa memoria, visibilizar a violencia de xénero e recadar fondos para axudar os nenos e nenas que quedan orfos vítimas da violencia machista. O proxecto está aberto á colaboración a través da páxina sesemateo.es. O libro será presentado o xoves día 7 no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Abr 2018 >>
LMMXVSD
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      

Próximos Eventos...
Xoves, 21 de Febreiro de 2019 - 10:00
Doazón de sangue en Redondela
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue ao carón do concello o xoves 21 en horario de mañá de 10:00 a 14.30 e pola tarde de 16:00 a 21.00 horas.
Venres, 22 de Febreiro de 2019 - 10:00
Doazón de Sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia achégase a Redondela fara facilitar as dozóns de sangue. Permanecerá ao carón do concello en horario de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 21:00 horas.
Sábado, 23 de Febreiro de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará hoxe en Redondela diante do Concello para recoller doazóns de sangue. En horario de 10.00 a 15.00 horas.
Domingo, 24 de Febreiro de 2019 - 18:00
Baobab teatro
Baobab Teatro regresa ao Multiúsos da Xunqueira coa obra O lobo e a lúa. Unha obra de monicreques orientada ao público familiar que se poderá ver o domingo 24 de febreiro ás 18:00h dentro do ciclo de teatro infantil que organiza Cultura. Entrada 3€
Domingo, 24 de Febreiro de 2019 - 19:00
Teatro en Soutomaior
A Casa do Pobo do Val Sobral acolle o domingo ás 19:00h a obra de teatro A terapia do Doutor Menguele co grupo Tarantela de Beade. Unha comedia enmarcada no ciclo de humor que organiza o COncello con entrada de balde.
Venres, 8 de Marzo de 2019 - 12:00
Redondela, dúas vilas
Exposición na Casa da Torre ata o 8 de marzo sobre a historia de Redondela. Pode visitarse en horario de 13:00 a 21:30 de luns a domingo.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia