www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 18 de Decembro de 2018


Cultura • 18/12/2018

O Servizo de Normalización Lingüística organiza un acto homenaxe aos seus poemas galegos de Federico García Lorca que vai ter lugar este xoves 20 de decembro ás seis da tarde na Estación de tren de Redondela e que continuará cunha charla no Multiúsos da Xunqueira ás 19:30 horas. Falará Henrique Alvarellos, editor do libro "El gran viaje de García Lorca" (2018). Esta actividade encádrase na primeira edición do Día de Lorca en Galicia.


Política • 18/12/2018

A modificación do Imposto de bens Inmobles proposta polo BNG non saíu adiante ao non contar co apoio do restos dos grupos. PSOE, AER e o propio grupo de goberno votaron en contra por entender que no caso de aprobar este incremento do tipo impositivo a determinadas empresas implicaría consecuencias de carácter xudicial. Tan só o edil non adscrito amosou o seu apoio a reclamación do Bloque aínda que o resto dos grupos da oposición abriron a porta a estudar unha modificación da ordenanza de cara a gravar as grandes empresas asentadas en Redondela.


Deporte • 18/12/2018

Lamentable espectáculo o que esta pasada fin de semana se vivía no pavillón de Camariñas, onde foi necesaria a intervención da Garda Civil. Foi o equipo de Chapela o que solicitou a presenza dos axentes para garantir a súa seguridade tras os incidentes co equipo rival e o público, que saltou á pista. O adestrador do Chapela explica que a situación foi "moi desagradable" e que pasaron "medo".


Sociedade • 17/12/2018

O que debería ser unha feira de Nadal na que artesáns e veciños se deran cita nestas datas previas as festas converteuse en dúas xornadas de mal tempo que obrigaron incluso a pechar moitos dos postos, sobre todo na xornada do sábado, ante as fortísimas precipitacións e a ausencia de público polo mal tempo. Un dos máis afectados, polo tipo de produto que traballan elaborado en papel, é a Asociación Lenda. Decidiron levantar o posto e durante toda esta semana ofertará os seus produtos no local de Scarpa na praza Reveriano Soutullo.


Sociedade • 17/12/2018

Logo de seis meses pechada ao público polas obras de reforma, a Alameda Castelao volvía abrirse ao público o pasado mes de novembro. A principal zona de esparcemento do centro da vila amosa agora un remozado aspecto que moitos valoran de xeito positivo. Con todo son numerosas as queixas, tanto polo atraso da apertura deste espazo público como polas "fochancas" que persisten os días de chuvia.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Mai 2018 >>
LMMXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos Eventos...
Martes, 18 de Decembro de 2018 - 20:00
Concerto de Nadal
o Multiúsos da Xunqueira acolle o martes 18 ás 20:00 horas un cocnerto de Nadal a cargo dos músicos do Conservatorio municipal de música Victor Ureña.
Mércores, 19 de Decembro de 2018 - 18:30
Festival de Danza
Festival solidario para a recadación de fondos a favor da ONG DaMan. Organiza a Escola de Danza Deborah Alfaya. Mércores 19 ás 18:30 horas. Donativo voluntario.
Venres, 21 de Decembro de 2018 - 10:00
Doazón de sangue en Redondela
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o xoves 20 e o venres 21horario de mañá de 10:00 a 14.00 e pola tarde de 16:00 a 21.00 horas.
Venres, 21 de Decembro de 2018 - 18:00
Contacontos con Olga Cuervo
A Sala Infantil de Biblioteca de Redondela acolle o venres 21 ás 18:00 horas un contacontos a cargo de Olga Cuervo. Organiza a Fundación Filomena Rivero en colaboración coas bibliotecas.
Venres, 21 de Decembro de 2018 - 20:30
Concerto de Lenda
Concerto de Nadal coa participación de A Rondalla, Cerveja, cha e violao e os Mércores musicais. o venres 21 ás 20:30 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada 5 euros en Café da Vila e a sede de Lenda.
Sábado, 22 de Decembro de 2018 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 22 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz