www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 29 de Febreiro de 2020


Institucional • 28/02/2020

 

Ata o 18 de marzo todo aquel que o desexe, veciños, colectivos e asociacións, poden presenta as súas propostas para a modificación deste instrumento de participación que permite ás parroquias do municipio achegar as súas inquietudes e demandas ao concello. Pódese consultar a proposta de regulamento e as emendas presentadas na web do Concello. As entidades e colectivos deberán presentar as súas alegacións a través da Sede Electrónica mentres que a título individual tamén se pode facer no rexistro do Concello.


Cultura • 28/02/2020

O concello decidiu suspender os actos programados para a tarde do sábado en Chapela ante as previsións que falan de risco de chuvias durante todo o día. A programación, que  incluía o desfile de comparsas dende o alto da Encarnación para rematar na praia de Arealonga, o espectáculo Vatra e queima do berete así como o posterior concerto a cargo das Broken Peach pasará a celebrarse na tarde do sábado 7 de marzo. Tamén a programación polo Día de Rosalía suspéndese e celebrarase na tarde do venres 6.


Política • 28/02/2020

A concelleira e deputada provincial, Olga García, adiantou no pleno celebrado onte que o proxecto para a estrada provincial EP-2901 está xa redactado e en fase de licitación. Contestaba así a edil a unha moción do PP na que reclamaban á Deputación que mellore a seguridade neste vial. Os populares decidiron seguir adiante coa moción malia a petición do goberno local de que a retiraran "unha vez que o proxecto está xa realizado" e puxeron en dúbida que con cen mil euros se vaia solucionar un problema de seguridade que afecta a un tramo de dous quilómetros. O goberno local adiantou que nos vindeiros días reuniranse cos veciños para explicarlles en que consistirá a obra.


Cultura • 28/02/2020

O Concello recupera o programa de roteiros por diferentes enclaves da nosa contorna co obxecto de poñer en valor e dar a coñecer o patrimonio cultural e paisaxístico de Redondela. Guiados polo arqueólogo Xurxo Constela, os participantes nesta primeira andaina, o domingo 1 ás 10:00 horas, coñecerán os diferentes enclaves arqueolóxicos situados no Monte da Peneda.


Cultura • 28/02/2020

A representación forma parte do ciclo Vive o teatro da Concellería de Cultura e terá lugar este sábado ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. As entrada teñen un prezo de 7€ normal, 5€ reducida. Relatos negros son tres historias de crimes en que Manquiña é narrador e personaxes.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2019 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Próximos Eventos...
Sábado, 29 de Febreiro de 2020 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 29 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 29 de Febreiro de 2020 - 20:00
Relatos negros con Manquiña
o ciclo Vive o teatro da Concellería de Cultura deixanos o sábado 29 áds 20:00 horas a obra Relatos negros de manuel Manquiña. As entradas pódense recoller no Multiúsos 7€ normal (5€ reducida).
Domingo, 22 de Marzo de 2020 - 12:00
Xuntanza dos nados no 1950
Celebrarán un xantar o día 22 de marzo na Casona da Torre. As invitacións pódense retirar no Café da Vila. Contacto 633808061. O obxectivo é celebrar o 70 aniversario dos nacidos nese ano cunha xornada de convivencia.
Martes, 31 de Marzo de 2020 - 12:00
Premio Viadutos de Novela
Redondela premiará con 3.000€ ao gañador deste concurso literario. A recepción de traballos permanecerá aberta até o 31 de marzo. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia. Máis información en www.redondela.gal
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz