www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 24 de Novembro de 2017


Sociedade • 24/11/2017

Medio cento de comercios de Redondela vivirán na xornada de hoxe e mañá uns días de grandes descontos apuntándose así á moda do Black Friday. Faino empurrado polas grandes superficies e para tentar que o cliente quede no Concello á hora de facer as súas compras, en moitos casos pensando xa no Nadal. Coco & Collet é un dos comercios que se suma a esta campaña con descontos de ata un 30% en produtos de tempada porque segundo confesa a súa propietaria Belén Abelleira "non é unha opción para o pequeno comercio quedarse fóra".


Sociedade • 24/11/2017

Dúas macetas con flores artesanais, cada unha delas identificada cun nome, serven para lembrar as 44 mulleres que no que vai de ano foron asasinadas polas súas parellas ou ex -parellas. Un drama o da Violencia de xénero que se lembra cada 25 de novembro con maior intensidade e que na mañá de hoxe contou coa presenza do alumnado do Instituto Mendiño que lle puxeron voz a esta denuncia coa lectura de diferentes textos.


Cultura • 24/11/2017

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy entrega este sábado os seus premios de fotografía nun acto que terá lugar no Circulo Cultural Deportivo de Cesantes e que arrancará ás 18:30 horas coa apertura da exposición que se poderá visitar neste local ata final de ano. Proxéctase unha película sobre "O porto de Cesantes" e o acto estará amenizado pola música do grupo "Aires do mar de Teis".


Política • 24/11/2017

O PSdeG-Redondela ven de presentar alegacións á ordenanza que taxa a utilización de instalacións deportivas e que foi aprobada en pleno co voto a favor de PP e AER. Unhas taxas que oscilan entre os 8 e os 10 euros, cantidade que ao entender dos socialistas son excesivas ao situar "ao concello de Redondela como o máis caro da contorna para practicar deporte". A súa proposta pasa por rebaixar o prezo a 3€ sen luz, 5€ con luz.


Sociedade • 24/11/2017

Dende a Concellería de Igualdade organizan este acto que terá lugar ás 12:00 horas ás portas do Concello e no que o alumnado deste centro educativo será o encargado da lectura do manifesto, Pola tarde as actividades continúan cunha charla sobre prevención da violencia de xénero  a cargo da Secretaria Xeral de Igualdade, Susana López Abella e estrea da curtametraxe "Miña" de Michael Cassidy ás 18:30 horas no local da Asociación Cultural de Cesantes.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Ago 2017 >>
LMMXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
28293031   

Próximos Eventos...
Venres, 24 de Novembro de 2017 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o venres 24 en horario de mañá de 10:00 a 14.30 e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas
Venres, 24 de Novembro de 2017 - 11:00
Falar por falar
A contadora Ana Carreira pecha o venres 24 o ciclo Falar por falar da Biblioteca de Pazos con dúas propostas: as 11:00 Moito conto e as 20:00h Pequenas histoiras. Entrada de balde no auditorio de Pazos de Borbén.
Venres, 24 de Novembro de 2017 - 12:00
Conciliación no Nadal
O programa Nadal con Simona desenvolverase nun total de 10 parroquias. Está aberto a nenos de 4 e 14 anos de idade que se inscriban antes do 24 de novembro. Co obxectivo de favorecer a conciliación laboral e familiar desenvolverase en horario 9 a 14:00h
Venres, 24 de Novembro de 2017 - 20:00
Concerto Santa Icía
A orquestra de saxos do COnservatorio celebran un concerto na honra da súa patroa Santa Icía, o venres 24 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde no que presentarán o seu novo traballo.
Sábado, 25 de Novembro de 2017 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 25 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 25 de Novembro de 2017 - 19:00
Concerto da Banda de Chapela
O Multiúsos do Piñeiral acolle este sábado 25 ás 19:00h o tradicional concerto na honra da súa patroa Santa Icía. Este ano os músicos da Banda compartirán escenario coas dúas Bandas Escolas coas que conta a Escola de Música de Chapela.
Domingo, 26 de Novembro de 2017 - 19:00
Teatro en Cedeira
O Centro cultural de Cedeira acolle este domingo ás 19:00 horas a obra de teatro “Se hai que bailar… bailamos” a cargo do grupo de teatro A Actividade de Mos. Unha actuación enmarcada dentro do ciclo Teatro de Barrio.
Domingo, 26 de Novembro de 2017 - 21:00
CANCELADO Folk co grupo 3x4
Concerto de música folk a cargo do grupo 3x4 o domingo 26 ás 21:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada 3 euros. Organiza a Concellería de Cultura.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia