www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 12 de Decembro de 2019


Sociedade • 11/12/2019

A Asociación de Empresarios distribuirán entre os máis de cen establecementos que se sumaron a esta campaña unhas 20.000 bolsas de papel que buscan fuxir do plástico nunha época marcada polas compras. Unha campaña na que non faltarán os tradicionais vales de compra e premios directos por valor de 300, 200, 100 e 50 euros que se repartirán entre todos os clientes que realicen as súas compras dende o 5 de decembro ata o 5 de xaneiro.


Deporte • 11/12/2019

O mushing é unha modalidade deportiva procedente dos países nórdicos na que o can está unido cun arnés e unhas cordas ao corredor. Unha disciplina que conta en Galicia con numerosos seguidores que fan da nosa comunidade toda unha potencia. Esta domingo día 15, da man do Club Canicross de Vigo en colaboración co Concello, celébrase nas inmediacións de Chan das Pipas en Saxamonde o Campionato galego de mushing terra coas probas de Canicross, Bikejoring e Patín.


Cultura • 11/12/2019

O Multiúsos da Xunqueira acolle este venres 13 ás 20:00 horas un concerto no que actuará a cantante Lucía Pérez, primeira galega en representar a España no festival de eurovisión no ano 2011, o recantareiro Antonio Barros, así como Alfonso Garabillo, coñecido como o Frank Sinatra de Redondela. Este concerto tan especial contará tamén coa actuación da profesora de canto moderno do Conservatorio, Enma Díaz.


Política • 11/12/2019

Redondela ameaza con sancionar esta empresa se non retira os carteis nos que anuncia unha feira outlet no recinto feiral de Vigo, ao non contar con autorización para colocar este tipo de anuncios en espazos públicos. O Concello considera os feitos como "infracción grave" que podería carrexar unha sanción de ata 1.500 euros


Sociedade • 10/12/2019

O vindeiro día 25 de xaneiro os socios da confraría están chamados ás urnas para elixir unha nova directiva, da que sairá tamén a persoa que pasará a substituír ao que fora patrón maior nos últimos anos, Clemente Bastos. Entre as persoas que aspiran a facerse con ese cargo está Seve Casal que, malia recoñecer a difícil situación económica que sofre o pósito, entende que hai solucións que non necesariamente pasan por recortar salarios ou postos de traballo. Defende buscar novas fontes de ingresos como a creación dunha "vendeduría" na lonxa de Vigo que repercuta as ventas dos traballadores de Redondela na propia confraría na vez de ir parar a mans de intermediarios.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Ago 2019 >>
LMMXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
262728293031 

Próximos Eventos...
Xoves, 12 de Decembro de 2019 - 17:30
Xoves de Conto en Arcade
A biblioteca de Arcade acolle o xoves 12 ás 17:30 horas o espectáculo O axudante de papá Noel a cargo da compañía Moc MOc. Entrada de balde.
Venres, 13 de Decembro de 2019 - 18:30
Obradoiro postais creativas
A biblioteca de Chapela organiza o venres 13 ás 18:30 un obradoiro de postais de Nadal orientado a nenos de 4 a 10 anos, impartido por Macarena González. Inscrición previa e de balde no 986454226.
Venres, 13 de Decembro de 2019 - 20:00
Concerto do conservatorio
O alumnado do COnservatorio Victor Ureña de Redondela ofrece un concerto o venres 13 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada de balde.
Sábado, 14 de Decembro de 2019 - 18:00
Folk con Anaquiños
O grupo de pendereteiras e baile de Anaquiños actúa o sábado 14 ás 18.00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Entrada de balde. Organiza Concello de Redondela.
Sábado, 14 de Decembro de 2019 - 20:00
Teatro no Multiúsos
Continúa o ciclo Vive o teatro o sábado 14 ás 20:00 horas coa actuación do grupo Redrum Teatro e a obra Invisibles no Multiúsos da Xunqueira. Entrada 7 euros normal, 5 entrada reducida. Organiza Concellería de Cultura.
Domingo, 15 de Decembro de 2019 - 18:00
Festival de Panxoliñas
O Multiúsos do Piñeiral acolle o domingo 15 ás 18:00 horas un evento musical no que se escoitará a música máis típica do Nadal, as panxoliñas. Entrada de balde. Organiza Concello de Redondela.
Domingo, 15 de Decembro de 2019 - 18:00
Contos do recreo
Espectáculo infantil o domingo 15 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a cargo da compañía Redrum Teatro. Unha representación enmarcada no II ciclo de teatro infantil que organiza a Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.
Mércores, 18 de Decembro de 2019 - 16:00
Doazón de sangue en Chapela
Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase a Chapela. As persoas que desexen facer as súas doazóns poden achegarse a ese autobús que estará ubicado nas inmediacións da Alameda o mércores 18 de 15:30 a 21:00 horas.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia