www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 14 de Decembro de 2018


Política • 13/12/2018

O alcalde, Javier Bas amosa a súa indignación ante Fomento que "volve unha vez máis a ningunear aos veciños". Ante esta situación, o goberno local solicitará unha xuntanza coa Subdelegación do goberno na que estean presentes tanto o Ministerio como a concesionaria da autoestrada para abordar os puntos que estaban previstos na Comisión convocada para as dez da mañá de hoxe. Anuncia tamén que irá a Madrid a xuntarse con grupos parlamentarios con representación na comisión do Ministerio.


Sociedade • 13/12/2018

Unha iniciativa do colectivo feminista de Redondela que busca fuxir dos estereotipos á hora de mercar xoguetes. Un xeito de educar na igualdade dende a infancia evitando facer diferenciacións á hora de mercar un agasallo segundo o sexo da crianza. A actividade que leva por nome "O xogo e o xoguete como ferramentas para a igualdade" desenvolverase este venres día 14 no Multiúsos da Xunqueira ás 20:00 horas e está dirixido a persoas adultas.


Cultura • 13/12/2018

Un libro de poesía de Vitor Vaqueiro que será presentado nunha charla coloquio este venres ás 19:30 horas na Casa da Cultura de Redondela. Intervirán o propio autor con presentación a cargo de Nacho Lueiro de Alén Nós.


Institucional • 13/12/2018

Os traballos, que arrancarán nas vindeiras semanas, contan cun orzamento de 31.252 euros que serán financiados exclusivamente polo Concello. O obxectivo é incrementar o atractivo que o Peirao de Arcade xa esperta entre os máis novos.


Cultura • 12/12/2018

A Deputación de Pontevedra inaugura o vindeiro 20 de decembro unha exposición sobre a moda da época de María Vinyals. Baixo o título "A moda en detalles: indumentaria e complementos (1870-1925)" presenta boa parte "da colección dos fondos do Museo de Pontevedra centrada na moda feminina de finais do século XIX e principios do XX"




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Set 2018 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Próximos Eventos...
Venres, 14 de Decembro de 2018 - 12:00
Libros solidarios
A biblioteca de Chapela en colaboreción con Cáritas ten en marcha a campaña Libros solidarios consistente no intercambios de alimentos e produtos de hixiene a cambio de libros. A iniciativa manterase ata o día 14 no Multiúsos do Piñeiral do Crego.
Venres, 14 de Decembro de 2018 - 18:00
Contacontos teatro
“A bolboreta Roseta” do grupo Fedellas poderá verse no Multiúsos da Xunqueira o venres 14 ás 18:00 horas. Un espectáculo orientado a público infantil con entrada de balde.
Sábado, 15 de Decembro de 2018 - 17:30
Festival solidario
Festival Bailemos todos polos peques a favor de Unicef. No Multiúsos da Xunqueira o sábado 15 ás 17:30 horas. Entrada donativo 5 euros. Organiza Asociación Piyopi.
Domingo, 16 de Decembro de 2018 - 17:30
Os Nenos da Illa
Proxección do documental Os Nenos da Illa organizado polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy. O domingo 16 ás 17:30 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada a 2 euros.
Domingo, 16 de Decembro de 2018 - 19:00
Cena baile en Reboreda
A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda organiza o día 16 a comida-baile anual do socios. A festa inclúe menú e actuación musical en directo. Os interesados deben inscribirse como data limite o día 12 na cafetería da Sociedade.
Mércores, 19 de Decembro de 2018 - 18:30
Festival de Danza
Festival solidario para a recadación de fondos a favor da ONG DaMan. Organiza a Escola de Danza Deborah Alfaya. Mércores 19 ás 18:30 horas. Donativo voluntario.
Venres, 21 de Decembro de 2018 - 18:00
Contacontos con Olga Cuervo
A Sala Infantil de Biblioteca de Redondela acolle o venres 21 ás 18:00 horas un contacontos a cargo de Olga Cuervo. Organiza a Fundación Filomena Rivero en colaboración coas bibliotecas.
Venres, 21 de Decembro de 2018 - 20:30
Festival de Lenda
O auditorio do Multiúsos acolle o venres 21 ás 20:30 horas un concerto benéfico a favor de Lenda. Entradas 5 euros.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia