www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 9 de Agosto de 2020


Sucesos • 7/08/2020

O departamento de Medio Ambiente e a Policía Local incautaron marisco, requisaron aparellos e identificaron a seis persoas por marisqueo ilegal na praia de Arealonga, en Chapela. O Concello advirte que esta actividade "supón un risco para a saúde pública, ademais de prexudicar a actividade económica das traballadoras do mar".


Institucional • 7/08/2020

A vindeira semana o Concello realizará obras de reparación nun tramo do muro desta rúa, o que obrigará a cortar o aceso a residentes os días 10,11 e 12 de Agosto. A actuación vén a raíz do mal estado dun tramo do muro de contención do litoral. No mes de xuño foi revisado polos servizos municipais debido a varias fochancas na beira da calzada ao entrar o mar por debaixo da cimentación. Ante o perigo que pode causar ehículos e peóns podecerase á súa reparación.


Sociedade • 7/08/2020

A veciñanza de Vilar coñece xa, de primeira man, como será o proxecto do último tramo da estrada provincial EP-2096 entre Os Valos e Guizán. A alcaldesa, Digna Rivas, explicou no Centro Cultural da parroquia os traballos, con planos e infografías. Segundo a alcaldesa os veciños expresaron a súa conformidade co proxecto "que permitirá recuperar unha zona deteriorada e favorecer a mobilidade".


Política • 7/08/2020

O grupo municipal do PP afirma que as parroquias sofren "un abandono inexplicable en roza e mantemento de áreas de recreo en plena época estival". Os populares lamentan que, malia existir un contrato cunha empresa por máis de 100.000 euros moitos espazos "son unha selva" e hai camiños "intransitables".


Sociedade • 6/08/2020

A Alameda Castelao acolle esta sábado, día 8 de agosto, un concerto de homenaxe ao músico, falecido o pasado mes de xullo. A Rondalla quere así amosar o seu recoñecemento ao seu compañeiro, home que colaborou ao longo da súa vida con diferentes agrupacións musicais e culturais. A cita será ás 21.30 horas e contará coa participación da Banda de Música de Redondela, o Grupo de Gaitas Froles Mareliñas, a Orquestra de Saxos e a propia Rondalla de Redondela.




Novas Anteriores:
primeira • • [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Set 2020 >>
LMMXVSD
 123456
78910111213
14151617181920
21222324252627
282930    

Próximos Eventos...
Domingo, 9 de Agosto de 2020 - 21:30
Tr3s por C4tro
O grupo de música tradicional TresporCatro integrado por Paco da Fonte, Carlos do Viso e Vento ofrecen un concerto de balde na Alameda de Castelao o domingo 9 ás 21:30 horas.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:00
Consulta popular
Participación Cidadá convida aos veciños a participar nunha enquisa para a eleccións dos festivos locais e a peonalización do centro da vila. Na web www.redondela.gal ou entregando unha instancia no rexistro municipal antes do 15 agosto.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús culturais: As Efémeras
Tras as súas primeiras actuacións a través das redes durante o confinamento, As Efémeras chegan tamén a rúa cun concerto o 15 de agosto ás 12:30 horas na praza da Constitución. Unha actuación enmarcada nos Vermús culturais do Concello.
Sábado, 15 de Agosto de 2020 - 22:00
Tanto nos ten
Música tradicional galega o sábado 15 de agosto ás 22:00 horas na Alameda de Castelao. Organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 16 de Agosto de 2020 - 21:30
Música cos Carapaus
Música tradicional co grupo Os Carapaus o domingo 16 de agosto ás 21:30 horas na Alameda Rosalía de Castro en Chapela
Venres, 21 de Agosto de 2020 - 22:00
Caramushow
Teatro e música no espectáculo de Caramusho Vermello que se poderá ver o venres 21 ás 22:00 horas na Alameda de Castelao.
Sábado, 22 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermús: Pacíficos errantes
A praza de Santiago Apóstolo acolle un concerto moi especial, coa actuación do dúo de ukelele e guitarra, Pacíficos errantes. O sábado 22 ás 12:30 horas enmarcado no programa dos Vermús culturais.
Domingo, 23 de Agosto de 2020 - 12:00
Pakolas en Concerto
A música de pakolas soará o domingo 23 de agosto ás 12:00 horas na Alameda de Castelao.
Hoxe na Radio