www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 19 de Maio de 2013


Deporte • 14/05/2013

Esta fin de semana disputan en Meira o Campionato Territorial Sur, no que agardan clasificarse para a proba autonómica, que se celebrará en Esteiro (Muros) os días 25 e 26 de maio. No club amósanse moi satisfeitos polos resultados acadados ata o de agora na temporada de traiñeiriñas, logo de facerse coa primeira posición a pasada fin de semana tanto na regata de Tirán como en Coruxo.


Cultura • 14/05/2013

A compañía Viravolta Títeres achega a Redondela un espectáculo baseado nas investigacións que a compañía fixo sobre a figura de barriga Verde e a marioneta tradicional galega. Preséntase coma unha homenaxe ao monicreque que a familia Silvént representou por Galicia na primeira metade do século XX. Unha homenaxe á que se suma o Festival Internacional coa proxección esta noite ás 21:00 horas do documental "morreu o demo, acabouse a peseta".


Política • 14/05/2013

Anova Redondela entende que o bosquexo elaborado polo Concello non recolle as reivindicacións dos colectivos culturais e denuncian a demora na posta en marcha dos programas de cultura deste ano o que está a provocar importantes prexuízos nas actividades que se programan sobre todo nas parroquias. A formación política afirma que a proposta do Partido Popular "coincide cunha concepción da cultura como servizo ao poder e non como mecanismo de creación, expresión e participación".


Política • 14/05/2013

Critican a "incapacidade" do alcalde, Agustín Reguera, logo de dous meses sen se celebrar un pleno dende que o pasado 14 de marzo se suspendera a sesión ante a presión dos afectados polas preferentes.


Cultura • 13/05/2013

Os escolares de Chapela serán os primeiros en achegarse aos espectáculo do Festival con dous pases no Piñeiral ás 10:30 e 12:30 horas. En total 1.500 escolares pasarán polos multiusos para asistir ás representación das obras Lume de títeres Babaluva e "Los animais de Baltasar" de Teloncillo. Unhas obras das que poderán gozar os escolares pero tamén o público en xeral porque haberá representación na rúa en días posteriores. O programa aberto tamén arranca mañá coa inauguración da exposición Fotográfica "Olladas dun festival".




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1] [2] [3] [4] [5]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Mai 2013 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Próximos Eventos...
Domingo, 19 de Maio de 2013 - 12:00
Gústame o galego!
Campaña de dinamización e sensibilización lingüística aberta á participació nde toda a cidadanía que se vai desenvolver o domingo 19 de maio na praza da Constitución de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 hroas. Organiza Normalización Lingüística
Domingo, 19 de Maio de 2013 - 12:00
Festa do Ovo en Nespereira
A parroquia de Nespereira en Pazos de Borbén celebra este domingo a IX edición da Festa do Ovo, unha cita. Gastronómica na que se servirán 1.500 racións de diferentes pratos preparados todos eles con ovos da casa.
Domingo, 19 de Maio de 2013 - 12:00
Festival de títeres
O festival bota o pano con La venganza de don Mendo de El espejo negro ás 17:00 e 21:00h no Multiusos. Durante todo o día continuará a programación de rúa con actuacións dende as 12:00 ata as 22:00 horas.
Luns, 20 de Maio de 2013 - 20:30
Presentación literaria
A Casa da Cultura acolle a prsentación do libro "Roberto Vidla Bolaño e os oficios do teatro" de Roberto Pascual, dramaturgo, crítico e profesor. O acto, organizado por Normalización Lingüística, terá lugar o luns 20 ás 20:30 horas.
Martes, 21 de Maio de 2013 - 20:00
Charla MIndfulness
A terapeuta craneosacral Andrea Costas, imparte na biblioteca de Chapela no Multiusos do Piñeiral unha charlaa sobre Mindfulness, técnica que engloba diferentes estratexias para reducción do estrés.
Xoves, 23 de Maio de 2013 - 10:00
Doazón en Arcade
O Centro de transfusión de Galicia despraza a Arcade unha unidade móbil para facilitar aos veciños que fagan as súas doazóns de sangue. O autobús permanecerá o xoves 23 en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas na rúa Rogelio Landeira.
Venres, 24 de Maio de 2013 - 10:00
Doazón en Redondela
Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase o venres 24 a Redondela. Permanecerá en horario de tarde nas inmediacións da casa Consistorial de 16:00 a 21:00 horas.
Venres, 24 de Maio de 2013 - 20:00
A voz de lenda
O Multiusos da Xunqueira acolle a presentación dun novo número da revista "A voz de lenda" dedicado nesta ocasión a xustiza. Será o venres 24 de Maio ás 20:00 horas no Multiusos da Xunqueira con entrada de balde.
Hoxe na Radio