www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Xuño de 2019


Sociedade • 19/06/2019

As instalacións da lonxa de Cesantes acollen desde este mañá a mostra da Deputación "Achegas das Mulleres á sustentabilidade do mar". Trátase dun traballo realizado en colaboración coa Universidade de Vigo, co obxectivo de darlle "visibilidade" ao papel da muller no ámbito mariño, cun percorrido polo traballo en feminino do último século .


Sociedade • 19/06/2019

O Conselleiro de Medio Rural, José González, visita esta tarde o Concello de Soutomaior co obxecto de explicar aos veciños as tarefas de limpeza nas franxas de protección contra incendios. Dende a Xunta ofrecen este servizo para a limpeza a un prezo de 35 euros pro cada mil metros cadrados (350 euros por hectárea). A charla celebrarase no salón de actos da Casa do Concello ás 16:30 horas.


Política • 19/06/2019

A decisión chega precedida polo pacto de investidura asinado co BNG nun de cuxos puntos se recollía o compromiso do novo goberno de non asistir ás manifestacións relixiosas en nome da institución municipal. Previamente, xa no 2015, un acordo do pleno aprobado cos votos de toda a corporación agás o PP xa recollía a "non participación da corporación en manifestacións de tipo relixioso". Catro anos despois o novo goberno asume este acordo que o PP nunca acatara por entender que o Pleno non tiña competencia nesta cuestión.


Cultura • 18/06/2019

A suma de novos colectivos na organización fai posible que se retome a Festa dos Fachos logo dun ano en suspenso. Será este sábado ás 23:30 horas cando a marcha cos participantes portando os fachos accesos arranque dende a base da Peneda para chegar ao cumio. Nesta ocasión o pregón, sempre reivindicativo, correrá a cargo do que fora durante 24 anos director de Edicións Xerais, Manuel Bragado.


Sociedade • 18/06/2019

O alumnado amosou o traballo realizado durante todo o curso a pais e nais que se achegaron a visitar o centro durante estes dous días nos que se desenvolveu a II Feira da Ciencia e tecnoloxía no colexio de Reboreda. En total 16 stands e visita de máis de 300 escolares doutros centros da bisbarra que se sumaron a esta celebración na que se prestou especial atención ás mulleres científicas co obxecto de "facer visibles ás invisibles".




Novas Anteriores:
primeiraanterior [2] [3] [4] [5] [6]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2019 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Próximos Eventos...
Mércores, 26 de Xuño de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. De 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Mércores, 26 de Xuño de 2019 - 20:30
Bicos sonoros de amizade
Concerto no Multiúsos da Orquestra de saxos e a Xingro’s Big band. Unha actividade de balde que se desenvolverá este mércores día 26 ás 20:30 horas baixo o título Bicos sonoros de amizade.
Xoves, 27 de Xuño de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. De 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Venres, 28 de Xuño de 2019 - 18:00
Actuación de Orella Pendella
A praza de Lenda acolle este venres día 28 ás 18:00 horas unha actividades do Servizo de Normalización Lingüística orientada a nenos e nenas de 0-6 anos. Orella Pendella a través da música e do baile ensina refráns, ditos e palabras en galego.
Sábado, 29 de Xuño de 2019 - 19:30
San Xoán en Rande
A Asociación Cultural e Deportiva de Rande adiou a súa festa de San Xoán para o vindeiro sábado 29. O acto arrancará ás 19:30 horas e incluirá a tradicional fogueira así como a posibilidade de degustar xurelos, pan e viño a prezos populares.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz