www.radioredondela.com | Hoxe é Mércores, 20 de Febreiro de 2019 |
Sociedade • 13/02/2019
Procesión paxaretil, xantar popular, guateque e contacontos é a proposta festiva que organiza o colectivo feminista de Redondela para celebrar o seu primeiro aniversario. Actividades abertas a todo o que queira achegarse durante a xornada do sábado na Discotasca. |
Deporte • 13/02/2019
O equipo que adestra Gonzalo Fernández "Gonza" suma oito xornadas sen coñecer a derrota, logo do empate colleitado no campo do Vilalbés. Unha xeira moi positiva e que reflicte a notable melloría do equipo nos últimos meses, sobre todo nos partidos fóra da casa. Este domingo agardan ao Ribadumia en Santa Mariña. |
Cultura • 13/02/2019
En total foron concretamente 15.560 as persoas que visitaron este centro de interpretación da batalla durante o pasado 2018. Durante os vindeiros meses de febreiro e marzo cambia o seu horario e permanecerá aberto de martes a domingo en horario de 10.30 a 13:30 e sábados a domingo en horario de tarde de 15:30 a 18:30 horas. Os luns estará pechado. |
Política • 13/02/2019
A candidata socialista á alcaldía de Redondela, Digna Rivas, reitera as súas críticas pola falta de accesibilidade das dependencias destinadas a Servizos Sociais. Lembra que hai tres anos acordouse en pleno, cos votos a favor do PSdeG-PSOE, AER e BNG, analizar o traslado dos Servizos Sociais e Igualdade a un dos baixos de Regojo, de 300 metros cadrados cedido por Profaro Terren S.L. así como reubicar os Servizos Sociais e CIM redistribuíndo o espazo na súa ubicación actual sen que se teña feito nada ata o de agora. |
Política • 12/02/2019
O grupo nacionalista solicitou a celebración dun pleno extraordinario para abordar a situación da ría e chegar a un acordo para o seu sanemento integral. O portavoz municipal, Manu Lourenzo, reunise co patrón maior de Arcade e recolleu as demandas de melloras por parte do sector pesqueiro e marisquiero. |
Axenda | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Próximos Eventos... | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Hoxe na Radio |
00:00 - A Estación |
08:30 - Os Titulares do día |
09:00 - Arredor de Nos |
11:00 - A Estación |
13:00 - Cancións para xordos |
13:30 - Cerna |
14:00 - Informativo |
15:00 - Informativo |
17:00 - Informativo |
17:15 - Cancións para xordos |
18:00 - O Viraventos |
20:00 - Informativo Galicia |