www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 24 de Xuño de 2017


Política • 16/06/2017

A iniciativa parlamentaria presentada o mércores polo BNG para demandar a Fomento beirarrúas, redutores de velocidade, pasos de peóns e regulación mediante semáforos na estrada N-550 ao seu paso por Cesantes foi rexeitada ao contar co voto en contra dos parlamentarios populares. Os nacionalistas critican ao PP "por antepoñer os intereses partidistas ás necesidades dos veciños" rexeitando que estas demandas sexan esixidas ante Fomento.


Deporte • 16/06/2017

Esta fin de semana comeza a competición na modalidade raíña do remo, a traiñeira. O C.R. Chapela participará xunto co resto de clubs galegos na presentación da LGT que se celebra mañá sábado no Grove. A primeira proba puntuable será o domingo en Coruxo.


Sucesos • 16/06/2017

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia obriga á Xunta a incrementar as indemnizacións aos familiares dos dous brigadistas que faleceron, tras admitir os recursos dos prexudicados. A sentenza conclúe que houbo un "deficiente funcionamento dos servizos públicos".


Deporte • 16/06/2017

Catro dos sete triplo coroas de España participarán na competición que se celebra este sábado entre as Illas Cíes e San Simón. Unha das probas máis esixentes de España con 27 quilómetros de percorrido que congregará a 77 nadadores nacionais e estranxeiros.

A proba comezará ás nove da mañá e desenvolverase en dúas fases. A primeira será controlada e os nadadores dividiranse en catro grupos dependendo do ritmo de nado. Na segunda fase, a partir do quilómetro doce, será libre pero os participantes terán que pasar por cada un dos sete puntos de avituallamento.


Cultura • 14/06/2017

Arrancan as Festas da Coca e fano con moitas actividades e cunha homenaxe, póstuma e emotiva, a Margot Araujo, quen malia a súa ausencia si estivo presente a través dos seus fillos e de sentidas palabras que acompañaron ao relevo das Penliñas, un acto que foi unha achega da propia Margot que promoveu que se inserira na programación das Festas.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [4] [5] [6] [7] [8]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2017 >>
LMMXVSD
   1234
567891011
12131415161718
19202122232425
2627282930  

Próximos Eventos...
Sábado, 24 de Xuño de 2017 - 17:00
Festival Sonoaire
Os artistas convidados son Caramuxo Vermello, Raúl & Cía., Soul & Roll, Denova, The Hendersons e RedOnBlack. As actuacións arrancarán o sábado 24 ás 17:00h e o último dos concertos será ás 22:00h en distintas prazas da vila. Organiza Cultura.
Domingo, 25 de Xuño de 2017 - 10:00
Carreira popular Redondela
A décima edición que se disputa o domingo día 25 contará coa presenza de 800 atletas. O prazo de inscrición está aberto ata o xoves na zapatería Susuela (rúas Adro, 32) ou a través da web www.championchipnorte.com.
Martes, 27 de Xuño de 2017 - 10:00
Doazón de sangue en Redondela
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o martes 27 en horario de mañá de 9:30 a 14.30 e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas
Mércores, 28 de Xuño de 2017 - 09:30
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o mércores 28 en horario de mañá de 9:30 a 14.30 e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas
Luns, 10 de Xullo de 2017 - 12:00
Axudas de comedor
Aberto o prazo para solicitar as axudas de comedor para o vindeiro curso escolar 2017-2018. Poden acceder a elas familiar con menores escolarizados en centros públicos do Concello. Os interesados deben solicitalas antes do 10 de xullo.
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz