www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 14 de Decembro de 2018


Cultura • 30/11/2018

A Banda e Escola de Música de Chapela presentan, para celebrar o día de Santa Cecilia, o seu novo espectáculo musical, baixo a dirección de Andrés Álvarez. A música e a posta en escea converterán o auditorio do Multiúsos de Chapela nunha das mellores salas de Broadway. O sábado, día 1, ás 20.00 horas.


Cultura • 30/11/2018

A cantante, pianista e percusionista Diana Tarín actuará este sábado en Redondela acompañada polo Alberto Vilas Quartet e o guitarrista Lorenzo Boo. No concerto percorrerán estilos como o jazz, distintos ritmos latinos, bossanova ou boleros. Tarín advirte que cada actuación en directo "é única" e que a cita de Redondela será "especial" debido ao cariño que ten por esta vila.


Sociedade • 30/11/2018

A asociación Andaina organiza este domingo unha xornada de visibilización das persoas con diversidade funcional con actividades, a actuación da agrupación “As Maimiñas”, a lectura dun manifesto, photocall e solta de globos. Xornada coa que queren reivindicar os mesmos dereitos para todas as persoas, independentemente das súas capacidades.


Institucional • 29/11/2018

Mañá venres na praza do Concello de Redondela, e o sábado na Alameda de Chapela, grandes e pequenos poderán gozar dunha xornada de música, luz e sorpresas. As actividades comezarán ás 18.00 horas, e ás 20.00 horas o espectáculo "Os trasgos da luz" dara paso ao prendido da iluminación.


Sociedade • 29/11/2018

O departamento de Medio Ambiente de Redondela organiza esta fin de semana dous obradoiros de iniciación á ornitoloxía. O sábado, día 1, celébrase o "Taller de iniciación a construción de caixas niño". O domingo, día 2, será o "Taller e saída fotográfica de aves e natureza". A inscrición está aberta, as acticidades son de balde e as prazas limitadas.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [5] [6] [7] [8] [9]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Dec 2018 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Próximos Eventos...
Venres, 14 de Decembro de 2018 - 12:00
Libros solidarios
A biblioteca de Chapela en colaboreción con Cáritas ten en marcha a campaña Libros solidarios consistente no intercambios de alimentos e produtos de hixiene a cambio de libros. A iniciativa manterase ata o día 14 no Multiúsos do Piñeiral do Crego.
Venres, 14 de Decembro de 2018 - 18:00
Contacontos teatro
“A bolboreta Roseta” do grupo Fedellas poderá verse no Multiúsos da Xunqueira o venres 14 ás 18:00 horas. Un espectáculo orientado a público infantil con entrada de balde.
Sábado, 15 de Decembro de 2018 - 17:30
Festival solidario
Festival Bailemos todos polos peques a favor de Unicef. No Multiúsos da Xunqueira o sábado 15 ás 17:30 horas. Entrada donativo 5 euros. Organiza Asociación Piyopi.
Domingo, 16 de Decembro de 2018 - 17:30
Os Nenos da Illa
Proxección do documental Os Nenos da Illa organizado polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy. O domingo 16 ás 17:30 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada a 2 euros.
Domingo, 16 de Decembro de 2018 - 19:00
Cena baile en Reboreda
A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda organiza o día 16 a comida-baile anual do socios. A festa inclúe menú e actuación musical en directo. Os interesados deben inscribirse como data limite o día 12 na cafetería da Sociedade.
Mércores, 19 de Decembro de 2018 - 18:30
Festival de Danza
Festival solidario para a recadación de fondos a favor da ONG DaMan. Organiza a Escola de Danza Deborah Alfaya. Mércores 19 ás 18:30 horas. Donativo voluntario.
Venres, 21 de Decembro de 2018 - 18:00
Contacontos con Olga Cuervo
A Sala Infantil de Biblioteca de Redondela acolle o venres 21 ás 18:00 horas un contacontos a cargo de Olga Cuervo. Organiza a Fundación Filomena Rivero en colaboración coas bibliotecas.
Venres, 21 de Decembro de 2018 - 20:30
Festival de Lenda
O auditorio do Multiúsos acolle o venres 21 ás 20:30 horas un concerto benéfico a favor de Lenda. Entradas 5 euros.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia