www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 11 de Decembro de 2019


Política • 29/11/2019

O pleno municipal de Soutomaior aprobou solicitar á Xunta de Galicia a conversión a titularidade municipal do edificio completo da antiga escola infantil de Oliveira e das casas para profesores adxacentes. O moción, aprobada por unanimidade, ten como obxectivo ampliar os espazos de uso público para dar resposta ás demandas da veciñanza e de diversas asociacións.


Institucional • 28/11/2019

A Coordinadora dá un paso máis no intento de frear a apertura deste negocio na Avenida Ernestina Otero coa presentación dunha queixa contra Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza por ter autorizado a instalación da casa de apostas nun local que consideran “non cumpre coa distancia mínima establecida por lei con respecto ao Conservatorio”. Este xoves rematou o prazo de alegacións con máis de 2.000 escritos presentados. O próximo luns, como cada inicio de mes, concentraranse ás 18.00 horas na porta do establecemento.


Cultura • 28/11/2019

O recinto da Feira do gando acolle este sábado o II edición dun festivo Magosto organizado pola Plataforma Sinha Paca en colaboración con concellería de Cultura. Arrancará ás 17.00 horas coa intervención artística "A pegada da Besta", actuará o clown Jano Costa e haberá musica con "Panorámica Show" e "Residuosatractivas". Non faltarán as castañas asadas, chourizos, chocolate con rosca e caldo quentiño así como un espazo vegano e un mercadiño. A xornada terá tamén carácter reivindicativo amosando a solidariedade cos pobos indíxenas bolivianos que están a loitar contra un golpe de estado.


Sociedade • 28/11/2019

A Asociación de empresarios e o concello coordinan un programa de actividades para este venres que servirá de arranque de Nadal. A compañía Troula Animación será a encargada de guiar o acendido das luces ás 19:00 horas. Co obxecto de promover un maior aforro enerxético as luces permanecerán acendidas unha hora menos, ata o 22 de decembro de 18.00 a 24.00 e do 23 de decembro ao 6 de xaneiro ata a unha da madrugada. Unha iluminación contratada polo Concello á que se suman neste Black Friday os comercios que lucirán unha árbore branca iluminada que se situará nas entradas dos establecementos.


Cultura • 28/11/2019

A Banda de Música de Chapela presenta este sábado 30 de novembro o seu espectáculo "Músicas e Danzas do Mundo", no que fusionan música en directo, as danzas típicas do folclore internacional cunha gran proxección audiovisual. O resultado é unha proposta para todas as idades que permitirá realizar unha viaxe cultural ao redor do mundo. O teatro Salesianos será o escenario elixido para esta estrea a partir das 20:00 horas.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [6] [7] [8] [9] [10]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Dec 2019 >>
LMMXVSD
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
3031     

Próximos Eventos...
Xoves, 12 de Decembro de 2019 - 17:30
Xoves de Conto en Arcade
A biblioteca de Arcade acolle o xoves 12 ás 17:30 horas o espectáculo O axudante de papá Noel a cargo da compañía Moc MOc. Entrada de balde.
Venres, 13 de Decembro de 2019 - 18:30
Obradoiro postais creativas
A biblioteca de Chapela organiza o venres 13 ás 18:30 un obradoiro de postais de Nadal orientado a nenos de 4 a 10 anos, impartido por Macarena González. Inscrición previa e de balde no 986454226.
Venres, 13 de Decembro de 2019 - 20:00
Concerto do conservatorio
O alumnado do COnservatorio Victor Ureña de Redondela ofrece un concerto o venres 13 ás 20:00 horas no Multiúsos da Xunqueira. Entrada de balde.
Sábado, 14 de Decembro de 2019 - 18:00
Folk con Anaquiños
O grupo de pendereteiras e baile de Anaquiños actúa o sábado 14 ás 18.00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego en Chapela. Entrada de balde. Organiza Concello de Redondela.
Sábado, 14 de Decembro de 2019 - 20:00
Teatro no Multiúsos
Continúa o ciclo Vive o teatro o sábado 14 ás 20:00 horas coa actuación do grupo Redrum Teatro e a obra Invisibles no Multiúsos da Xunqueira. Entrada 7 euros normal, 5 entrada reducida. Organiza Concellería de Cultura.
Domingo, 15 de Decembro de 2019 - 18:00
Festival de Panxoliñas
O Multiúsos do Piñeiral acolle o domingo 15 ás 18:00 horas un evento musical no que se escoitará a música máis típica do Nadal, as panxoliñas. Entrada de balde. Organiza Concello de Redondela.
Domingo, 15 de Decembro de 2019 - 18:00
Contos do recreo
Espectáculo infantil o domingo 15 ás 18:00 horas no Multiúsos da Xunqueira a cargo da compañía Redrum Teatro. Unha representación enmarcada no II ciclo de teatro infantil que organiza a Concellería de Cultura. Entrada 3 euros.
Mércores, 18 de Decembro de 2019 - 16:00
Doazón de sangue en Chapela
Unha unidade móbil do centro de transfusión de Galicia desprázase a Chapela. As persoas que desexen facer as súas doazóns poden achegarse a ese autobús que estará ubicado nas inmediacións da Alameda o mércores 18 de 15:30 a 21:00 horas.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia