www.radioredondela.com Hoxe é Venres, 28 de Febreiro de 2020


Cultura • 14/02/2020

Esta formación musical actuaba por primeira vez o 11 de febreiro de 1995. 25 anos despois segue sobre o escenario aínda que tanto os seus integrantes como o seu director foron mudando neste longo percorrido. Dos seus pioneiros quedan tan só os irmáns Daniel e Roberto Barcia e a actual directora da Escola de Música de Chapela, Begoña Rial, que se manteñen en activo dentro desta formación que reúne a 40 persoas baixo a batuta de Andrés Álvarez. Para conmemorar un aniversario tan especial, este sábado ofrecen un concerto ás 19:00 horas no Multiúsos do Piñeiral do Crego con entrada de balde.


Política • 14/02/2020

A voceira do PP en Redondela, Carme Amoedo explica que é "un proxecto para aproximadamente os 720 metros que quedan pendentes e que os veciños están esperando desde 2016". O PP critica que PSOE e BNG non votaran no pleno de decembro a favor dunha moción neste sentido. Goberno local e nacionalistas argumentaran naquel momento que xa existe un proxecto de humanización e reforma para este tramo final da estrada orzamentado en 400.000 euros.


Cultura • 14/02/2020

As bibliotecas de Redondela teñen aberto o prazo de inscrición para participar nun obradoiro de escritura expresiva que se vai desenvolver a partir do 11 de maio en horario de mañá en Redondela (de 11:00 a 13:00 horas) e en horario de tarde en Chapela (19:00 a 21:00 horas). Previamente, o venres 21 ofrecerase unha charla na casa da cultura na que Marisé Barreiro falará dos beneficios da escritura expresiva.


Institucional • 14/02/2020

Coincidindo co día internacional da nena na ciencia, o Concello de Soutomaior presentou a iniciativa "Soutomaior coa Ciencia" creada co obxectivo de fomentar a cultura científica entre a cidadanía mediante charlas e talleres interactivos que se van desenvolver durante todo o mes tanto nos centro educativos como no Multiúsos de Arcade. O programa inclúe talleres de realidade virtual, actividades de ScapeRoom ou obradoiros interactivos dirixidos aos máis pequenos.


Política • 13/02/2020

"O Meirande funciona a día de hoxe nas mesmas condicións que hai un ano, cando gobernaba o PP" asegura o concelleiro de Cultura quen entende que as críticas emitidas dende o PP ao afirmar que o Museo se atopaba en estado de abandono "responde unicamente á política revanchista que están a realizar os populares dende que perderon a alcaldía". Daniel Boullosa anuncia que o horario do Meirande ampliarase coa incorporación de máis persoal a partir de marzo e confirma que se retomarán as visitas teatralizadas a cargo da Asociación Cultural de Rande.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [7] [8] [9] [10] [11]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829 

Próximos Eventos...
Venres, 28 de Febreiro de 2020 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. O venres 28 de 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Venres, 28 de Febreiro de 2020 - 18:00
Espectáculo para nenos
Normalización Lingüística organiza o venres 28 ás 18:00 horas o espectáculo musical Té, café, chocolate a cargo de Golfiños. Unha actividade de balde no Multiúsos da Xunqueira enmarcada no programa Apego.
Sábado, 29 de Febreiro de 2020 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 29 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Sábado, 29 de Febreiro de 2020 - 20:00
Relatos negros con Manquiña
o ciclo Vive o teatro da Concellería de Cultura deixanos o sábado 29 áds 20:00 horas a obra Relatos negros de manuel Manquiña. As entradas pódense recoller no Multiúsos 7€ normal (5€ reducida).
Domingo, 22 de Marzo de 2020 - 12:00
Xuntanza dos nados no 1950
Celebrarán un xantar o día 22 de marzo na Casona da Torre. As invitacións pódense retirar no Café da Vila. Contacto 6338080061. O obxectivo é celebrar o 70 aniversario dos nacidos nese ano cunha xornada de convivencia.
Martes, 31 de Marzo de 2020 - 12:00
Premio Viadutos de Novela
Redondela premiará con 3.000€ ao gañador deste concurso literario. A recepción de traballos permanecerá aberta até o 31 de marzo. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia. Máis información en www.redondela.gal
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia