www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 12 de Novembro de 2019


Cultura • 28/10/2019

"A pantasma de Canterville" é o título do contacontos que se celebra este martes 29 ás 18:00 horas na sala infantil da biblioteca de Redondela. Unha actividade orientada a nenos e nenas a partir de tres anos con entrada de balde, enmarcada nas propostas "terroríficas" propias das datas do Samaín.


Política • 28/10/2019

Augas de Galicia solicitou ao consistorio os terreos necesarios para a contrución dunha nova estación adaptada a última normativa, o que permitiría eliminar a actual estación depuradora que se atopa no peirao de Arcade. O Concello deberá agora achegar os terreos necesarios para iniciar os traballos topográficos necesarios para levar a cabo o proxecto.


Cultura • 28/10/2019

150 nenos e nenas, case que o dobre que o pasado ano, participarán no «II Torneo Intercentros de Xadrez», unha iniciativa que busca fomentar o xadrez como ferramenta metodolóxica "para traballar en distintas competencias educativas". Por primeira vez en España xogarase pro parellas mixtas.


Deporte • 28/10/2019

O equipo de Gonza logoru repoñerse dos últimos resultados negativos cunha merecida vitoria no campo do Paiosaco. Na Segunda Galicia o Atl. Vilar colleitou un empate en Gondomar. No fútbol sala a única vitoria foi a do Arealonga de Primeira Galicia ante o Tui futsal, que o deixan aínda máis líder. No balonmán houbo pleno cos triunfos da SAR Rodavigo, Rodosa Chapela e SAR Plastic Omnium.


Sociedade • 26/10/2019

Redondela saíu hoxe á rúa nun ambiente festivo pero tamén reivindicativo para esixir que non se abra a casa de apostas que está previsto instalar na rúa Ernestina Otero. "Todo un éxito" ao entender dos organizadores que anunciaron a súa intención de seguir na loita para evitar que se instale na nosa vila un negocio que provoca importantes prexuizos naquelas zonas nas que se instala. Os manifestantes esixen que a administración actúe e evite que sigan proliferando este tipo de instalacións que "só supoñen beneficios para os empresarios que os xestionan".




Novas Anteriores:
primeiraanterior [8] [9] [10] [11] [12]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Nov 2019 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 

Próximos Eventos...
Venres, 15 de Novembro de 2019 - 12:00
Cursos de memoria
O Concello abre o prazo para se inscribir na actividade de Memoria que se vai desenvolver ata o 30 de xuño e que ten un custe de 32,65€. Unha en Redondela e Chapela. Inscricións ata o 15 de novembro.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz