www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 13 de Decembro de 2017


Institucional • 4/02/2010

O comercio de Redondela sorteará, polo día dos Namorados, unha fin de semana no Pazo Torres Agrelo, de Reboreda, entre todos aqueles que fagan a súas compras na vila. O gañador darase a coñecer o próximo venres 12 de febreiro.


Sociedade • 4/02/2010

Os operarios das instalacións deportivas, que dende o pasado 1 de febreiro manteñen unha folga indefinida en demanda dun convenio para a comunidade, denuncian a negativa da patronal a sentarse a negociar. Concéntranse hoxe xoves ás 19:30 horas diante do Concello


Sociedade • 4/02/2010

O Centro de Deportes Acuáticos será unha realidade a principios do próximo ano, o que é recibido con satisfacción por pare dos veciños da zona, que só lamentan que non se tivera feito antes. Con todo, esixen outros servizos tamén necesarios en Chapela, como unha gardería e un centro para maiores.


Institucional • 3/02/2010

A partir do mes de marzo, ao comezo da Semana Santa, a Asociación de Empresarios porá en marcha a campaña de promoción do Xacobeo na nosa vila, que terá como principal actuación a publicación dunha guía de servizos para os camiñantes.

 


Institucional • 3/02/2010

Xuventude ten aberto o prazo para inscribirse en obradoiros de batuka, capoeira e cociña de Entroido así como en cursos de formación de auxiliar en xeriatría e técnico en animación sociocultural e tempo libre.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1481] [1482] [1483] [1484] [1485]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Dec 2017 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Próximos Eventos...
Venres, 15 de Decembro de 2017 - 12:00
Libros por comida
A Biblioteca de Chapela organiza unha actividade solidaria que se prolongará ata o 15 de decembro consistente no intercambio de libros por comida non perecedoira que será entregada a Cáritas Redondela para a que repartan entre os máis desfavorecidos.
Venres, 15 de Decembro de 2017 - 19:00
Homenaxe Mestra Paulina
Concertos da orquestra de saxos enmarcado nos actos homenaxe a Mestra Paulina. O venres 15 ás 19:00 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde.
Sábado, 16 de Decembro de 2017 - 12:00
Feira de artesanía
Redondela acollerá os días 16 e 17 unha nova edición da tradicional feira de artesanía de Nadal na que participarán un total de trinta postos. Estarán ubicados na rúa Ribeira, ao carón da Alameda o sábado de 10 a 22:00h e o domingo de 10 a 21:00h
Sábado, 16 de Decembro de 2017 - 17:00
Musical “Había una vez”
Concerto solidario a favor de Unicef, un musical o sábado 16 ás 17:00 horas que se celebrará no Auditorio da Xunqueira, organizado por Asociación PIYOPI xunto a Odisea Factory Dance. Entrada 5€.
Sábado, 16 de Decembro de 2017 - 17:00
Festival de Patinaxe
O pavillón A Marisma acolle o sábado 16 ás 17:00 horas o festival de Nadal que organiza o club de patinaxe Bolboreta. Entrada de balde.
Domingo, 17 de Decembro de 2017 - 19:00
Panxoliñas en Cedeira
O centro cultural da parroquia organiza o domingo 17 un concerto de panxoliñas a partir das 19:00 horas no que actuarán a coral polifónica Ondas do Mar de Vigo e coral polifónica A Raiña do centro cultural. Entrada libre ata completar o aforamento.
Domingo, 17 de Decembro de 2017 - 20:00
Humor na súa tinta
Dentro do ciclo de humor que organiza MoitaMerda Producción chega a Redondela o humorista Miguel Lago. Actuación o domingo 17 ás 18:00 e 20:00 horas. Venda de entradas en Ticketea e O Café da Vila a 10€.
Mércores, 20 de Decembro de 2017 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusións de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello o mércores 20 en horario de mañá de 10:00 a 14.30 e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia