www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 12 de Decembro de 2018


Política • 16/05/2011

A acusación pública da nacionalista Cecilia Pérez Orge quece a campaña electoral en Redondela. A nacionalista acusou ao candidato popular de "ofrecer traballo a persoas desempregadas se colaboraban coa campaña do PP". Bas asegurou que era mentira e cualificou a conduta da candidata do bloque de "barriobajera".


Política • 16/05/2011

Foi quizá o emprego o tema que con maior profundidade se abordou no debate electoral do pasado sábado. Xa na primeira intervención os candidatos das sete formación que concorren a estes comicios electorais destacaban a necesidade de implantar medidas encamiñadas a promover a recuperación económica e crear emprego nunha vila onde o número de parados ascende a 2735 segundo os últimos datos do INEM.


Institucional • 16/05/2011

A estatua de Castelao recibiu un ano máis a homenaxe institucional do Concello de Redondela co gallo do Día das Letras Galegas. O tenente de alcalde, Carlos Pazos, foi o encargado de facer unha aposta pola defensa da lingua galega "a maior e mellor" obra colectiva de Galicia. No seu discurso, con mencións a Castelao, Rosalía de Castro e Lois Pereiro, fixo un chamamento á cidadanía para asumir a tarefa colectiva de "manter vivo o que nos dá vida" e non permitir "nin unha agresión máis" ó galego.

 


Deporte • 16/05/2011

A embarcación redondelá foi a vencedora na categoría xuvenil de trainerillas tanto na Bandeira Concello de Moaña disputada o sábado como na regata puntuable do domingo, por diante de Vilaxoán e Amegrove. Na categoría absoluta acadaron a quinta praza, e na feminina foron cuartos. Mañá dispútase no Grove a Bandeira Deputación de Pontevedra, preparatoria para o Campionato Territorial de Galicia Sur que se celebra a próxima fin de semana en Bueu. En canto ó fútbol o Choco empatou a dous goles co Nigrán e rematará a liga no campo do Bahía.


Política • 16/05/2011

Javier Bas polo Partido Popular, Eduardo Reguera polo Partido Socialista, Cecilia Pérez Orge do Bloque Nacionalista Galego, Alejandro Bastos do Partido Galeguista Demócrata, Oscar Benavides de Esquerda Unida, Alberto Covelo da Fronte Popular Galega e Manuel Angel Pérez Diaño en representación da Agrupación de Electores de Redondela participaron no debate que a Radio Municipal organizou o pasado sábado. Escoita o debate na súa totalidade.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1482] [1483] [1484] [1485] [1486]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Dec 2018 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Próximos Eventos...
Venres, 14 de Decembro de 2018 - 12:00
Libros solidarios
A biblioteca de Chapela en colaboreción con Cáritas ten en marcha a campaña Libros solidarios consistente no intercambios de alimentos e produtos de hixiene a cambio de libros. A iniciativa manterase ata o día 14 no Multiúsos do Piñeiral do Crego.
Venres, 14 de Decembro de 2018 - 18:00
Contacontos teatro
“A bolboreta Roseta” do grupo Fedellas poderá verse no Multiúsos da Xunqueira o venres 14 ás 18:00 horas. Un espectáculo orientado a público infantil con entrada de balde.
Sábado, 15 de Decembro de 2018 - 17:30
Festival solidario
Festival Bailemos todos polos peques a favor de Unicef. No Multiúsos da Xunqueira o sábado 15 ás 17:30 horas. Entrada donativo 5 euros. Organiza Asociación Piyopi.
Domingo, 16 de Decembro de 2018 - 17:30
Os Nenos da Illa
Proxección do documental Os Nenos da Illa organizado polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy. O domingo 16 ás 17:30 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada a 2 euros.
Domingo, 16 de Decembro de 2018 - 19:00
Cena baile en Reboreda
A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda organiza o día 16 a comida-baile anual do socios. A festa inclúe menú e actuación musical en directo. Os interesados deben inscribirse como data limite o día 12 na cafetería da Sociedade.
Mércores, 19 de Decembro de 2018 - 18:30
Festival de Danza
Festival solidario para a recadación de fondos a favor da ONG DaMan. Organiza a Escola de Danza Deborah Alfaya. Mércores 19 ás 18:30 horas. Donativo voluntario.
Venres, 21 de Decembro de 2018 - 18:00
Contacontos con Olga Cuervo
A Sala Infantil de Biblioteca de Redondela acolle o venres 21 ás 18:00 horas un contacontos a cargo de Olga Cuervo. Organiza a Fundación Filomena Rivero en colaboración coas bibliotecas.
Venres, 21 de Decembro de 2018 - 20:30
Festival de Lenda
O auditorio do Multiúsos acolle o venres 21 ás 20:30 horas un concerto benéfico a favor de Lenda. Entradas 5 euros.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia