www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 23 de Xuño de 2018


Cultura • 13/04/2010

A Concellería de cultura de Redondela achega ao multiusos da Xunqueira a música do gaiteiro bretón Patrick Molard, un dos maiores especialistas da gaita escocesa en todo o mundo. A cita será no auditorio do Multiusos o xoves día 15 ás 20:00 horas con entrada de balde.


Cultura • 13/04/2010

A actividade comezará ás 20:00 horas cunha lectura de poemas infantís e avanzando despois cara outros enfoques máis xuvenís e adultos. Ademais poderá verse tamén algúns dos seus videopoemas.


Cultura • 13/04/2010

A Asociación de Consumo Responsable Loaira proxecta mañá mércores ás 20:30 horas o documental "China Blue: análise da industria téxtil chinesa"  sobre as consecuencias sociais da industria do téxtil no xigante asiático e as súas repercusións a nivel mundial. O colectivo celebra o sábado unha nova edición da feira de troco.


Deporte • 13/04/2010

Os redondeláns clasificaron un total de cinco barcos para o Camionato Autonómico. Ademais de gañar na categoría absoluta, foron vencedores tamén en categoría Cadete, segundos en infantil masculina e terceiros nas categorías de xuvenil feminina e masculina.


Deporte • 13/04/2010

Boa fin de semana para os equipos locais que gañaron os seus encontros tanto na Preferente Sur como na Primeira e Segunda Autonómica. O Choco volve ser líder da Preferente, o Arcade afástase dos postos de descenso e o Chapela mantén a segunda praza do seu grupo.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1567] [1568] [1569] [1570] [1571]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2018 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
252627282930 

Próximos Eventos...
Sábado, 23 de Xuño de 2018 - 18:00
Festival Folk Illa San Simón
Coincidindo coa celebración de San Xoán o grupo de baile e gaitas Airiños de San Simón do C.C.D. Cesantes organiza este festival. Haberá actuacións musicais para toda a familia, así como coa tradicional fogueira e comida e bebida a prezos populares
Sábado, 23 de Xuño de 2018 - 21:00
Fogueira de San Xoán
O Concello de Redondela organiza unha festa de San Soán cunha fogueira na praia de Arealonga.
Sábado, 23 de Xuño de 2018 - 22:00
Ruta Mirtallo/Penide
A Concellería de Cultura e A Citania Arqueoloxía organizan unha ruta nocturna pola zona Mirtallo-PEnide. Información nos teléfonos 600381782 e 986861103.
Venres, 29 de Xuño de 2018 - 17:00
Festval Fin de Curso
A Escola de Música de Chapela celebra o seu festival de fin de curso no auditorio do Multiúsos Piñeiral do Crego.
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz