www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Febreiro de 2020


Política • 23/04/2012

Esquerda Unida, a través do representante da Agrupación de Electores, levará ao pleno do xoves unha moción na que solicitan que se suprima a exención do pago do IBI que beneficia aos bens inmobles propiedade da igrexa católica. Demandan tamén do concello que elabore un censo para coñecer cales son os bens no noso municipio rexistrados a nome desa ou de calquera outra confesión relixiosa.


Cultura • 23/04/2012

A biblioteca de Soutomaior celebra durante toda esta semana diferentes actividades abertas a grandes e cativos co gallo da celebración da Semana do Libro. Todas as citas terán lugar ás 17:00 horas.


Cultura • 23/04/2012

Durante toda esta semana o IES de Chapela organiza un intercambio educativo con centros de diferentes puntos de España coa celebración de actividades lúdicas e culturais. O proxecto, que leva por título "Collages de vida" achegará aos participantes a vida gastronómica e cultural do noso concello.


Deporte • 23/04/2012

 Tres puntos que supoñen consolidarse na segunda praza do grupo. Ese foi o importante botín do Choco no partido disputado onte co Marín. Os de Jacobo Montes non fixeron o "xogo bonito" doutras ocasións, pero souberon resolver de xeito efectivo o partido. Na Primeira Autonómica o Chapela tamén se impuxo pola mínima no campo do Salvaterra. No remo o C.R. Chapela fíxose coa terceira praza de Promesa Feminina no Campionato Galego de Bateis.

 


Política • 20/04/2012

A deputada nacionalista Carme Adán lembra que a obra se iniciou en maio do 2010 cun prazo de execución de 16 meses, aínda que dous anos despois o centro segue pechado. Por este motivo solicitan a Consellería de traballo que concrete os prazos para o remate das obras así como o tipo de xestión que rexerá a súa explotación.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1594] [1595] [1596] [1597] [1598]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829 

Próximos Eventos...
Luns, 24 de Febreiro de 2020 - 17:30
Entroido infantil Soutomaior
O luns 24 en Talo Río das 17:30 ás 19:30 entroido infantil con inchables, obradoiros de máscaras tradicionais galegas, máscaras con elementos naturais e espectáculo musical de animación Cantabaile. Para degustar flocos de millo e algodón doce.
Xoves, 27 de Febreiro de 2020 - 17:00
Taller artístico na Biblioteca
A biblioteca de Soutomaior organiza o xoves 27 un contacontos e a creación dun gran cadro colectivo cunha mensaxe de igualdade. A participación no taller, orientada a maiores de 7 anos, é gratuíta. Inscrición na paxina web municipal.
Venres, 28 de Febreiro de 2020 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. O venres 28 de 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Sábado, 29 de Febreiro de 2020 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 29 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Martes, 31 de Marzo de 2020 - 12:00
Premio Viadutos de Novela
Redondela premiará con 3.000€ ao gañador deste concurso literario. A recepción de traballos permanecerá aberta até o 31 de marzo. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia. Máis información en www.redondela.gal
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia