www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Xuño de 2019


Política • 23/05/2011

A Agrupación de Electores convérsese en chave de goberno ao lograr os populares dez concelleiros, oito o PSOE, dous o BNG e un AER. Desaparece da corporación o Partido Galeguista e non acadan representación nin a FPG nin EU.


Política • 23/05/2011

O grupo popular consegue nove concelleiros en Soutomaior, mentres que o BNG queda con tres representantes e o PSOE un único concelleiros. Os populares continuarán tamén fronte ao goberno de Pazos de Borbén, mentres que o PSOE  logra manter a alcaldía en Fornelos.

 


Sociedade • 20/05/2011

Aínda que se amosan firmes na súa decisión de continuar coa folga de fame que iniciaran ás 8:00 horas do pasado luns, os ex traballadores do servizo de emerxencias confesan que cada vez se senten máis débiles e que as forzas comezan a fallar logo de catro días inxerindo tan só zumes, soros e bebidas enerxéticas.


Política • 20/05/2011

O goberno entrante deberá rebaixar as pretensións recollidas nas actuais bases de adxudicación para animar as empresas a optar á xestión do Centro de deportes acuáticos de Chapela. O PP critica a xestión realizada polo goberno local e o PSOE asegura que existe "un plan B" que xa contemplaba alternativas no caso de que o concurso quedara deserto.


Deporte • 20/05/2011

Rematada a temporada de Fútbol Sala na Autonómica Sur o equipo redondelán está descendido "deportivamente", pero podería manter a categoría, ou mesmo subir a Nacional B, polos problemas económicos que atravesan outros clubs galegos. Á espera do que decida a Federación, a actual directiva aposta agora por fomentar a canteira, coa intención de recuperar as categorías inferiores.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1596] [1597] [1598] [1599] [1600]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2019 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Próximos Eventos...
Mércores, 26 de Xuño de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. De 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Mércores, 26 de Xuño de 2019 - 20:30
Bicos sonoros de amizade
Concerto no Multiúsos da Orquestra de saxos e a Xingro’s Big band. Unha actividade de balde que se desenvolverá este mércores día 26 ás 20:30 horas baixo o título Bicos sonoros de amizade.
Xoves, 27 de Xuño de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. De 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Venres, 28 de Xuño de 2019 - 18:00
Actuación de Orella Pendella
A praza de Lenda acolle este venres día 28 ás 18:00 horas unha actividades do Servizo de Normalización Lingüística orientada a nenos e nenas de 0-6 anos. Orella Pendella a través da música e do baile ensina refráns, ditos e palabras en galego.
Sábado, 29 de Xuño de 2019 - 19:30
San Xoán en Rande
A Asociación Cultural e Deportiva de Rande adiou a súa festa de San Xoán para o vindeiro sábado 29. O acto arrancará ás 19:30 horas e incluirá a tradicional fogueira así como a posibilidade de degustar xurelos, pan e viño a prezos populares.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz