www.radioredondela.com Hoxe é Xoves, 28 de Maio de 2020


Política • 20/08/2012

Tanto o BNG como PSOE denuncian que as medidas adoptadas polo goberno local non están a solucionar os problemas do tráfico en Redondela. No caso dos cambios adoptados no casco vello, lamentan a reapertura ó tráfico das rúas Cruceiro e Loureiro, que supón "un paso atrás" na calidade de vida dos veciños e un notable deterioro da zona.


Sucesos • 20/08/2012

Axentes da Policía Local detiveron o domingo en Cesantes a un motociclista por circular sen permiso de conducir e sen seguro. Na noite do sábado, nas celebracións do Entroido de Verán, outro mozo foi detido por desobediencia e agresións ós axentes policiais.

O detido por incumprir a normativa de Tráfico é A.P.D., veciño do Viso, de 24 anos.


Deporte • 17/08/2012

Despois dunha longa ausencia da competición de traiñeiras, o CCD Cesantes está a piques de rematar a súa participación na Liga Galega de Traiñeiras B. E farano na casa, xa que eles son este domingo os anfitrións da última regata do campionato, antes de que se disputen os play off. No club valoran positivamente a volta a esta competición na que agardan consolidarse para o ano.


Cultura • 17/08/2012

A mostra fai un percorrido pola vida laboral das mulleres desde a óptica de diferentes fotógrafos galegos, e inclúe a peza audiovisual "Mulleres XX" sobre a historia do mundo do traballo en feminino. A exposición pode visitarse en horario de 8.00 a 14.00 horas.


Sociedade • 16/08/2012

Mozos procedentes de Serbia, Macedonia e República Checa traballarán na recuperación do río Fondón xunto con voluntarios redondeláns. O obxectivo do programa é concienciar á sociedade da importancia de manter limpos e coidados os espazos fluviais.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1598] [1599] [1600] [1601] [1602]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Mai 2020 >>
LMMXVSD
    123
45678910
11121314151617
18192021222324
25262728293031

Próximos Eventos...
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia