www.radioredondela.com Hoxe é Luns, 24 de Febreiro de 2020


Deporte • 23/12/2011

Un total de 48 equipos disputan en Santa Mariña o campionato de Fútbol 7 organizado polo Choco club de Fútbol nas categorías Alevín e Infantil. Entre os conxuntos figuran moitos de Redondela e comarca, entre eles o Choco, Chapela, Redondela, Verdugo, Balaídos ou Rápido de Bouzas. Tamén outros equipos chegados de distintos puntos de Galicia como o Ponte Ourense ou Figueirido.


Institucional • 22/12/2011

Dende o goberno local aseguran que "en cuestión de días" os remeiros de Chapela poderán facer uso das instalacións nos baixos do novo edificio da piscina "unha vez se solucionen os problemas técnicos" que impiden dotar de auga quente e ventilación estes vestiarios. O voceiro do PP, Alberto Pazos, tamén contesta a outras demandas dos remeiros e adianta que o concello non asumirá a factura da auga do club.


Sociedade • 22/12/2011

O Centro Cultural de Chan das Pipas organiza diferentes actividades durante as Festas do Nadal para todos os públicos, con especial atención aos cativos que contarán con proxeccións cinematográficas e obradoiros de manualidades e arqueoloxía. Convocan tamén os veciños a participar da festa de fin de ano onde non faltará a música, o karaoke e a diversión para entrar no 2012 con bo pe.


Deporte • 21/12/2011

Esgotada a paciencia, os membros do club de remo teñen previsto saír á rúa mañá xoves pola tarde. Concentraranse diante do concello ás 19:30, tal e como se aprobara en asamblea na pasada fin de semana, co obxectivo de protestar pola precaria situación na que se atopan os remeiros logo dun ano empregando unhas casetas de obra como vestiarios e á espera de poder usar as novas instalacións nos baixos da piscina de Chapela.


Sucesos • 21/12/2011

Os feitos producíronse ás 9:45 da mañá de hoxe cando varios veciños da rúa Cabo dos Fumeiros, máis coñecida popularmente como a rúa dos canastros, alertaron do fume que saída dun dos edificios. O lume foi rapidamente sufocado e todo quedou nun susto sen que haxa que lamentar danos de relevancia.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1652] [1653] [1654] [1655] [1656]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Feb 2020 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
242526272829 

Próximos Eventos...
Luns, 24 de Febreiro de 2020 - 17:30
Entroido infantil Soutomaior
O luns 24 en Talo Río das 17:30 ás 19:30 entroido infantil con inchables, obradoiros de máscaras tradicionais galegas, máscaras con elementos naturais e espectáculo musical de animación Cantabaile. Para degustar flocos de millo e algodón doce.
Xoves, 27 de Febreiro de 2020 - 17:00
Taller artístico na Biblioteca
A biblioteca de Soutomaior organiza o xoves 27 un contacontos e a creación dun gran cadro colectivo cunha mensaxe de igualdade. A participación no taller, orientada a maiores de 7 anos, é gratuíta. Inscrición na paxina web municipal.
Venres, 28 de Febreiro de 2020 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. O venres 28 de 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Sábado, 29 de Febreiro de 2020 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 29 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Martes, 31 de Marzo de 2020 - 12:00
Premio Viadutos de Novela
Redondela premiará con 3.000€ ao gañador deste concurso literario. A recepción de traballos permanecerá aberta até o 31 de marzo. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia. Máis información en www.redondela.gal
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
00:00 - 18 Rodas
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia