www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 22 de Setembro de 2019


Institucional • 26/04/2011

Os traballadores, que levan varios anos no servizo contratados por períodos de entre 7 e nove meses, solicitarán agora a súa readmisión con carácter indefinido. Son conscientes de que pese a decisión xudicial o seu futuro laboral dependerá do interese político de crear ou non un servizo estable de emerxencias en Redondela.


Deporte • 26/04/2011

As categorías absoluta e xuvenil, tanto masculina como feminina, terán representación redondelá na proba que se disputa esta fin de semana no Porto de Ferrol. O Club de Remo de Chapela, logo do éxito no Campionato de Galicia, buscará a súa praza nas finais.

Coa sat


Política • 26/04/2011

Nos primeiros postos da candidatura repiten os actuais concelleiros Miguel Álvarez no número 2 e Alberto Pazos no terceiro posto. A maioría absoluta pasaría por acadar o decimo primeiro concelleiro, posto que ocupa Julio Alonso Monteagudo. A totalidade da lista presentarase este xoves ás 20:30 horas na Casa da Torre.


Sociedade • 25/04/2011

O Centro de Beleza Luisa Darriba organiza esta tarde unha andaina popular que partirá dende o centro de Redondela ata o peirao de Cesantes dentro das actividades que promove a Asociación Aveda e a ONG Global Greengrants Found. Proxectarase a coninuación no Multiusos un documental sobre un ben escaso como é a auga.

 


Deporte • 25/04/2011

Os redondeláns impuxéronse en augas de Meira nas dúas categorías absolutas, tanto masculina como feminina. Isto supón un importante reforzo para o Campionato de España que se celebra esta fin de semana en augas do Porto de Ferrol.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1653] [1654] [1655] [1656] [1657]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Set 2019 >>
LMMXVSD
      1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30      

Próximos Eventos...
Xoves, 26 de Setembro de 2019 - 09:00
ITV vehículos agrícolas
A explanada do Salgueirón en Soutomaior acollerá o xoves 26 unha inspección técnica orientada a vehículos agrícolas. o horario de inspección será de 9:00 a 13:30h. A cita previa poderá concertarse na páxina www.sycitv.com ou no 902309000.
Venres, 27 de Setembro de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. De 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Sábado, 28 de Setembro de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de transfusión de galicia desprázase a Redondela o sábado 28 para recoller doazóns en horario de 10:00 a 15:00 horas ao carón do Concello.
Luns, 30 de Setembro de 2019 - 18:30
Bebecontos en Chapela
A compañía Trémola teatro ofrece o bebecontos : Que animaliño é? o luns ás 18:30 horas. Orientado a crianzas de 6 meses a 3 anos de idade. Compre inscrición previa na biblioteca de Chapela.
Mércores, 2 de Outubro de 2019 - 12:00
Estimulación terapeutica
Os multiúsos de Redondela e Chapela acollen un programa de estimulación cognitiva organizado por Afaga que busca ralentizar el deterioro cognitivo. Luns e mércores de 10:30 a 13:30 na Xunqueira e os martes e xoves no mesmo horario no Piñeiral.
Hoxe na Radio