www.radioredondela.com Hoxe é Sábado, 11 de Xullo de 2020


Deporte • 19/06/2012

Máis de 200 rapaces de entre 6 e 15 anos terán a oportunidade de participar na nova edición deste certame, no que ademais de fútbol practicarán baloncesto, natación, piragüismo e participarán noutras actividades lúdicas. Será do 9 ao 14 de xullo no campo de fútbol de Santa Mariña, e do 30 de xullo ao 4 de agosto en Arcade. Este ano o campus incorpora a novidade unha sección con adestramentos específicos para porteiros, que estará dirixido por Toño Pana.


Sucesos • 19/06/2012

Foi a persoa propietaria do terreo situada nas proximidades do Camiño do Tanque, a que chamou á Policía Local para alertar de que na súa leira había sete macetas con plantas cuxa procedencia descoñecía. Os axentes incautáronse das macetas para proceder a súa posterior destrución.


Institucional • 18/06/2012

O edificio terá 680 metros cadrados, e contará con zona de poxas, ventas, oficinas, vestiarios, almacéns, cámaras frigoríficas e outros servizos. A construción, en dúas plantas, permitirá ós visitantes situarse na parte superior e ver como se realizan as poxas e outros traballos típicos da lonxa. O Patrón Maior, Clemente Bastos, manifestou o seu desexo de que os prazos "se cumpran", e instou á Consellería a poñer en marcha a segunda fase do proxecto, coa construción dun novo varadoiro e o pantalán sobre pilotes.


Deporte • 18/06/2012

Un grupo de socios, encabezados por Iván Crespo, formarán a nova Xunta Xestora do C.D. Choco, logo de que o presidente, Cándido Mirou, presentase a súa dimisión. O desenlace era previsible logo das tensións cos socios e a presión dos propios xogadores, que anunciaron que abandonarían o club. Teñen por diante unha complicada tarefa, xa que o C.D. Choco arrastra unha débeda de 40.000 euros. Crespo agarda contar "co apoio de todos" para este novo proxecto, que pasa por acadar a fusión coa Escola de Fútbol Base.


Institucional • 18/06/2012

A parcela de 9.900 metros cadrados na que estaba prevista a construción do novo auditorio de Redondela será empregada finalmente para albergar un polideportivo multiusos. Así o confirmou o alcalde Javier Bas, quen asegura que se están realizando as xestións oportunas para que as obras comecen o vindeiro ano e sexan xa unha realidade no 2014. A infraestrutura serviría para albergar citas deportivas, concertos e outro tipo de eventos.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1654] [1655] [1656] [1657] [1658]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xul 2020 >>
LMMXVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031  

Próximos Eventos...
Sábado, 11 de Xullo de 2020 - 22:00
Xingros Big Band
A formación do Conservatorio actuará o sábado 11 ás 22:00 horas na Alameda de Castelao. Actuación de balde enmarcada na programación da Concellería de Cultura.
Venres, 17 de Xullo de 2020 - 20:00
Peter Punk na Alameda
O pallaso Peter Punk presenta en Redondela o seu espectáculo Chungo ke te cagas nunha actuación que terá lugar o venres 17 de xullo na Alameda ás 20:00 horas. Actuación orientada ao público familiar con entrada de balde.
Sábado, 18 de Xullo de 2020 - 22:00
Airiños da Peneda
O grupo de música folk Airiños da Peneda actúa o sábado 18 ás 22:00 horas na Alemda de Castelao. Organiza a Concellería de Cultura.
Domingo, 19 de Xullo de 2020 - 21:30
Airiños do Mar de Teis
O grupo de voces masculinas Airiños do Mar de Teis actúa o domingo 19 na Alameda de Rosalía de Castro en Chapela ás 21:30 horas. Entrada de balde.
Venres, 24 de Xullo de 2020 - 22:00
Concerto fusión
O grupo Pelepau e a banda de música de Chapela únense para ofrecer un concerto o venres 24 ás 22:00 horas no paseo marítimo de Chapela. Entrada de balde previa reserva no mail concertos2020@redondela.gal
Sábado, 25 de Xullo de 2020 - 22:00
Concerto de Guadi Galego
A cantante e excompoñente de Berrogüeto achega a Redondela o seu espectáculo Immersión. O concerto será o Día de galicia ás 22:00 horas no campo da feira. Entrada de balde previa reserva no mail concertos2020@redondela.gal
Domingo, 26 de Xullo de 2020 - 21:30
Carlos do Viso
O lutier e zanfonista Carlos do Viso ofrecerá un concerto na Alameda de Castelao o domingo 26 de xullo ás 21:30 horas. Organiza o Concello de Redondela.
Sábado, 1 de Agosto de 2020 - 12:30
Vermú Cultural con Su Garrido
Arrancan os vermús culturais da Concellería de Cultura coa actuación de Su Garrido na praza Alejandro Otero. A actuación terá lugar o sábado 1 de agosto ás 12:30 horas.
Hoxe na Radio
11:00 - A música da túa vida
12:00 - 18 Rodas
23:00 - Tempo de Jazz