www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 25 de Xuño de 2019


Cultura • 5/01/2011

O Bando de Reis Airiños de A Peneda é o único que funciona en toda Galicia. Dende hai máis dunha década traballan na recuperación dos temas tradicionais o que lles permitiu recompilar 17 panxoliñas e cantos populares que se adoitaban interpretar como un "desafío musical" entre os barrios da parroquia.


Sociedade • 5/01/2011

O 2010 despediu o ano do mesmo xeito que o comezou, destruíndo postos de traballo. Segundo os datos aportados pola Consellería de Traballo, o mes de decembro sumou na nosa comarca 165 novas baixas laborais que elevan a 3.976 o número total de desempregados contando os parados de Redondela, Soutomaior, Pazos de Borbén e Fornelos de montes.


Cultura • 5/01/2011

As cinco carrozas que partirán ás 19:00 horas dende o Convento de Vilavella repartirán entre os cativos mil kilos de caramelos sen gluten. No caso de que as precipitacións persistan as actividades trasladaranse ao pavillón de deportes. Mañá catro Rondallas e dous Ranchos de Reis amenizarán a xornada festiva.


Cultura • 4/01/2011

O Centro Cultural Chan das Pipas acolle hoxe un obradoiro para crear figuras de chocolate. O xoves, continuando cao programación de Nadal os rapaces e rapazas de Saxamonde pedirán o aguinaldo cos tradicionais cantos de Reis que percorrerán a parroquia na mañá do festivo, sempre e cando o tempo o permita.


Deporte • 4/01/2011

A primeira metade desta liga non deixou moi bos resultados para o equipo de Soutomaior, que ocupa a 15ª praza da Primeira Autonómica. Con todo, no club agardan mellorar os seus resultados, agora que o equipo está xa "máis rodado" e contan con novas incorporacións con máis experiencia. A primeira cita da segunda volta será nun dos campos máis complicados da categoría, o do Salvaterra, 3º clasificado.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1655] [1656] [1657] [1658] [1659]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xun 2019 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930

Próximos Eventos...
Mércores, 26 de Xuño de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. De 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Mércores, 26 de Xuño de 2019 - 20:30
Bicos sonoros de amizade
Concerto no Multiúsos da Orquestra de saxos e a Xingro’s Big band. Unha actividade de balde que se desenvolverá este mércores día 26 ás 20:30 horas baixo o título Bicos sonoros de amizade.
Xoves, 27 de Xuño de 2019 - 10:00
Doazón de sangue
Unha unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará recollendo doazóns de sangue diante do Concello. De 10.00 a 14.30 horas e pola tarde de 16.00 a 21.00 horas.
Venres, 28 de Xuño de 2019 - 18:00
Actuación de Orella Pendella
A praza de Lenda acolle este venres día 28 ás 18:00 horas unha actividades do Servizo de Normalización Lingüística orientada a nenos e nenas de 0-6 anos. Orella Pendella a través da música e do baile ensina refráns, ditos e palabras en galego.
Sábado, 29 de Xuño de 2019 - 19:30
San Xoán en Rande
A Asociación Cultural e Deportiva de Rande adiou a súa festa de San Xoán para o vindeiro sábado 29. O acto arrancará ás 19:30 horas e incluirá a tradicional fogueira así como a posibilidade de degustar xurelos, pan e viño a prezos populares.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz