www.radioredondela.com Hoxe é Mércores, 12 de Decembro de 2018


Sociedade • 16/04/2010

Os actos na lembranza do galeguista e ex alcalde da localidade no décimo aniversario do seu pasamento inclúen a presentación do libro "Fernando Pereira sempre con Galicia" e a actuación do grupo de música tradicional A Quenlla


Cultura • 16/04/2010

Os asistentes ao concerto, que terá lugar esta noite no antigo recinto da Feira do gando, elixirán co seu voto ao gañador do III Concurso de maquetas que organiza o colectivo Millo Verde  


Cultura • 15/04/2010

As proxeccións, que comezarán ás 20:00 horas do venres no Multiusos, durarán 35 minutos e ao remate abrirase un coloquio, no que participarán a actriz Belén Constenla, quen ven de recibir o premio María Casares á mellor actrir protagonista pola súa interpretación na obra "O segredo dos Hoffman", e o director Jairo Iglesias. Participará tamén no debate o actor e titiriteiro Eduardo Rodríguez " Tatán".


Deporte • 15/04/2010

Este domingo dispútase na Pobra do Caramiñal a fase final da proba galega. O club redondelán, que se impuxo a pasada fin de semana na Bandeira Concello de Cangas, participará con cinco embarcacións. Desde Chapela aspiran a clasificarse para o Campionato Nacional, que se disputará os días 24 e 24 deste mes en Ferrol.


Institucional • 15/04/2010

Logo dunha semana dende que rematara o proceso de selección dos doce traballadores necesarios para reanudar o servizo do Grumir, o Concello continúa á espera de que a Consellería de Traballo lles remita unha documentación imprescindible para proceder á contratación dos operarios.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1658] [1659] [1660] [1661] [1662]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Dec 2018 >>
LMMXVSD
     12
3456789
10111213141516
17181920212223
24252627282930
31      

Próximos Eventos...
Venres, 14 de Decembro de 2018 - 12:00
Libros solidarios
A biblioteca de Chapela en colaboreción con Cáritas ten en marcha a campaña Libros solidarios consistente no intercambios de alimentos e produtos de hixiene a cambio de libros. A iniciativa manterase ata o día 14 no Multiúsos do Piñeiral do Crego.
Venres, 14 de Decembro de 2018 - 18:00
Contacontos teatro
“A bolboreta Roseta” do grupo Fedellas poderá verse no Multiúsos da Xunqueira o venres 14 ás 18:00 horas. Un espectáculo orientado a público infantil con entrada de balde.
Sábado, 15 de Decembro de 2018 - 17:30
Festival solidario
Festival Bailemos todos polos peques a favor de Unicef. No Multiúsos da Xunqueira o sábado 15 ás 17:30 horas. Entrada donativo 5 euros. Organiza Asociación Piyopi.
Domingo, 16 de Decembro de 2018 - 17:30
Os Nenos da Illa
Proxección do documental Os Nenos da Illa organizado polo Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy. O domingo 16 ás 17:30 horas no Multiúsos da Xunqueira con entrada a 2 euros.
Domingo, 16 de Decembro de 2018 - 19:00
Cena baile en Reboreda
A Sociedade Labrego Cultural de Reboreda organiza o día 16 a comida-baile anual do socios. A festa inclúe menú e actuación musical en directo. Os interesados deben inscribirse como data limite o día 12 na cafetería da Sociedade.
Mércores, 19 de Decembro de 2018 - 18:30
Festival de Danza
Festival solidario para a recadación de fondos a favor da ONG DaMan. Organiza a Escola de Danza Deborah Alfaya. Mércores 19 ás 18:30 horas. Donativo voluntario.
Venres, 21 de Decembro de 2018 - 18:00
Contacontos con Olga Cuervo
A Sala Infantil de Biblioteca de Redondela acolle o venres 21 ás 18:00 horas un contacontos a cargo de Olga Cuervo. Organiza a Fundación Filomena Rivero en colaboración coas bibliotecas.
Venres, 21 de Decembro de 2018 - 20:30
Festival de Lenda
O auditorio do Multiúsos acolle o venres 21 ás 20:30 horas un concerto benéfico a favor de Lenda. Entradas 5 euros.
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia