www.radioredondela.com Hoxe é Domingo, 21 de Outubro de 2018


Cultura • 5/02/2010

O colectivo Alén Nos organiza hoxe venres día 5 unha charla-proxección baixo o título "O apartheid e o deporte: esperanza e reconciliación" a cargo de David Faro coa proxección do filme "Máis aló dun xogo"no Multiusos


Deporte • 5/02/2010

Os dous equipos de Redondela na Primeira Nacional tiñan citas ligueiras no pavillón do OAR Coruña. A Sar correspondíalle xogar mañá sábado, como marca o calendario. O Canario tiña que xogar o domingo o partido que se suspendeu o pasado mes de xaneiro pola folga, pero tampouco esta vez poderá ser. O equipo de Chapela xa anunciou que emitirán unha queixa ao Comité de Competición


Sucesos • 5/02/2010

Axentes da Policía Nacional lograron recuperar o turismo na rúa Ramón Nieto de Vigo. O detido J.M.G, de 39 anos de idade, conta con 68 detencións e pasou xa a disposición do xulgado de instrucción número 2 de Redondela


Cultura • 5/02/2010

O tradicional desfile de Entroido celebrarase o domingo 14 de febreiro a partir das seis da tarde. Para participar é preciso inscribirse no Concello antes do vindeiro xoves. Os participantes optarán a premios que van dos 900 aos 300 euros no caso das comparsas, mentres que parellas, grupos e disfraces individuais optarán a galardóns de menor contía económica


Institucional • 4/02/2010

O comercio de Redondela sorteará, polo día dos Namorados, unha fin de semana no Pazo Torres Agrelo, de Reboreda, entre todos aqueles que fagan a súas compras na vila. O gañador darase a coñecer o próximo venres 12 de febreiro.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1659] [1660] [1661] [1662] [1663]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Out 2018 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    

Próximos Eventos...
Domingo, 21 de Outubro de 2018 - 18:00
Maxia co Gran Pedrini
O mago presentará o seu espectáculo "Coas mans na maxia" este domingo, 21 de outubro, ás 18.00 horas, no Multiúsos da Xunqueira con entrada de balde.
Venres, 26 de Outubro de 2018 - 20:30
Charla sobre Jella Lepman
Unha ponte de libros infantís é o título da charla que ofrecerá a xornalista e editora Teresa Zataraín o venres 26 de outubro ás 20:30 horas na Casa da Cultura enmarcada nas actividades do 50 aniversarios das bibliotecas.
Domingo, 28 de Outubro de 2018 - 19:00
Certame de Corais de Cedeira
O Centro Cultural de Cedeira continúa o seu XIX Certame de corais. Actuarán a Coral Polifónica de Caldas de Reis, o Grupo de Acordeóns do Centro Cultural de Chapela e a Coral Polifónica A Raíña do este Centro Cultural de Cedeira.
Hoxe na Radio