www.radioredondela.com Hoxe é Martes, 16 de Xullo de 2019


Institucional • 18/01/2011

Baixo o título de "As razóns da Folga Xeral" o BNG de Redondela convoca aos veciños a un acto informativo no que participarán o responsable de organización do sindicato CIG, Anxo Igrexas e a delegada sindical Ana Santomé. Será o xoves día 20 ás oito da tarde na Casa da Cultura.


Cultura • 18/01/2011

Seis artistas decidiron unir as súas propostas creativas para deixarnos unha mestura de estilos, técnicas e materiais nunha mostra colectiva que se pode ver ata finais de mes na Casa da Torre baixo o título xenérico de "Quen anda ahí?"


Deporte • 17/01/2011

Un único gol do Hío deixou sen premio ós de Julio Álvarez no encontro disputado en Santa Mariña, no que non houbo demasiadas ocasións de gol para ningún dos equipos, e un reparto de puntos tería sido o máis xusto. A derrota dos redondeláns impídelles seguir escalando postos cara a parte alta da táboa.


Sociedade • 17/01/2011

A Concellería de Xuventude de Soutomaior ten aberto o prazo de inscrición para participar en diferentes actividades formativas orientadas a mellorar as capacitacións educativas dos veciños. En febreiro arrancará un curso preparatorio para a obtención do título de ESO para maiores de 18 anos e un aula de apoio para a mellora do éxito escolar.


Deporte • 17/01/2011

A peguform Sar continúa nos postos de descenso logo dunha nova derrota nun partido disputado na bomboneira. Os redondeláns deixaron escapar os puntos por tan só un gol ao caer ante o Oar Coruña por 20 goles a 21. mesma sorte correu o Paraxe Chapela, equipo que se sitúa no quinto posto da categoría logo de caer derrotado ante o Calvo Xiria cun resultado de 36-27.




Novas Anteriores:
primeiraanterior [1660] [1661] [1662] [1663] [1664]seguinteultima
Buscar:
en radioredondela.com en Google
Axenda

<< Xul 2019 >>
LMMXVSD
1234567
891011121314
15161718192021
22232425262728
293031    

Próximos Eventos...
Sábado, 20 de Xullo de 2019 - 22:00
Fanfarria Taquikardia
A animada música da fanfarria Taquikardia porán ritmo á noite do sábado 20 de xullo ás 22:00 horas. Un concerto de balde na praza da Casa da Torre enmarcado na programación cultural do concello.
Domingo, 21 de Xullo de 2019 - 22:00
Coanhadeira
Espectáculo Bicos con luvas do grupo Coanhadeira, o domingo 21 ás 22:00 horas na praza da Casa da Torre. Organiza Concello de Redondela.
Domingo, 21 de Xullo de 2019 - 23:30
Guillermo Castro en Cesantes
A praia de Cesantes acolle o domingo 21 ás 23:30 horas un concerto a cargo do cantautor Guillermo Castro. Actuación de balde organizada polo Concello de Redondela.
Mércores, 24 de Xullo de 2019 - 22:00
Concerto de Treixadura
A música folk soará no paseo marítimo de Chapela cun concerto a cargo do grupo Treixadura o mércores 24 ás 22:00 horas. Actividade debalde organizada polo concello de Redondela.
Venres, 26 de Xullo de 2019 - 22:00
Habelas Hainas
Catro mulleres comprometidas integran esta formación musical Habelas Hainas, que se poderá escoitar o venres 26 ás 22:00 horas na praza da Casada Torre. Unha actividade de balde enmarcada na programación cultural do COncello.
Luns, 29 de Xullo de 2019 - 11:30
Contacontos en Chapela
A Biblioteca de Chapela organiza o luns 29 ás 11:30 horas un contacontos orientados e cativos de 6 meses a 4 anos. A actividade correrá a cargo do grupo Trémola Teatro e leva por título "Que animaliño é?".
Hoxe na Radio
00:00 - A Estación
08:30 - Os Titulares do día
09:00 - Arredor de Nos
11:00 - A Estación
13:00 - Cancións para xordos
13:30 - Cerna
14:00 - Informativo
15:00 - Informativo
17:00 - Informativo
17:15 - Cancións para xordos
18:00 - O Viraventos
20:00 - Informativo Galicia
23:00 - Tempo de Jazz